Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Especial - Unha vintena de artistas luso galaicos renden tributo á figura do espantallo en Tomiño

A exposición atópase ata fin de mes no Mercado de Tomiño

A exposición atópase ata fin de mes no Mercado de Tomiño

Fecha: 03 de Abril de 2017

Fuente: Infomiño.com

O Mercado de Tomiño acolle ata finais de abril, a exposición "Os Espantallos ao Vento no Camiño", na que participa unha vintena de artistas luso-galaicos.A mostra forma parte do proxecto "Retorno dos coidadores das hortas ao Camiño de Inverno", do rosaleiro Manuel Estévez , e conta coa colaboración do artista tomiñés Basilio Calzado e do Concello de Tomiño.

A iniciativa pretende conseguir a implicación de artistas ou de xente do rural na instalación de espantallos nos sitios próximos á ruta de peregrinación a Compostela, así coma tamén en salas de exposicións no mesmo itinerario.

"Queremos dar a coñecer os pobos polos que transcorre o Camiño de Inverno, e tamén é un xeito de espallar a creatividade e dar a coñecer o desenvolvemento hortícola, histórico, cultural e etnográfico estendido pola ruta", explican os organizadores.


Pensan que os espantallos son máis que unha ferramenta para aledar aos paxaros e queren que volvan a formar parte da paisaxe rural nas hortas que abeiran a ruta.


Na mostra tomiñesa participarán máis de 20 artistas galegos e portugueses; entre eles, tres tomiñeses (Emilio Cabezas, Luis Oliveira e Basilio Calzado) e tamén persoas do rural que levarán á exposición algún espantallo de palla feito por elas.


Entre os máis destacados do panorama artístico nacional, atópanse o cubano Nelson Villalobos e o vigués Xavier Lemos.


A exposición poderase visitar en horario de mañá e tarde (no horario habitual do mercado) até o día 30 de abril.

   Fotos de Jorge Alonso Daldea
 

 A exposición atópase ata fin de mes no Mercado de Tomiño

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí