Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Especial - Visita de D. Ángel Carracedo a O Rosal

O catedrático de Medicina Legal, investigador e experto internacional en xenética, realizou a inauguración dun laboratorio e unha coloquio-entrevista

O catedrático de Medicina Legal, investigador e experto internacional en xenética, realizou a inauguración dun laboratorio e unha coloquio-entrevista

Fecha: 17 de Enero de 2018

Fuente: J. Alonso/Infomiño.com

Coa intención de mellorar as funcións como cociña, e ampliar as súas posibilidades como laboratorio, a comezos deste curso no CPI Manuel Suárez Marquier reformouse unha antiga cociña anexa á biblioteca. O Concello de O Rosal asumíu os gastos de reforma, así como a man de obra dos seus traballadores, e durante o mes de xullo de 2017 realizouse a transformación deste espazo. 

Inicialmente vén cubrir a necesidade de contar, en Primaria, cun espazo de experimentación no ámbito científico, e así comeza a súa andadura. Posteriormente, e dada a súa ubicación estratéxica, abre as súas portas a outro tipo de iniciativas, como son os obradoiros científicos de alumnado a alumnado, no marco da programación da Biblioteca Escolar (en concreto co programa de voluntariado). É, pois, como calquera outra dependencia do centro, un espazo aberto á colaboración entre Primaria e Secundaria, e a iniciativas pedagóxicas que non se limiten a etapas ou niveis.

O pasado martes 16 de xaneiro contouse no centro coa presenza de D. Ángel M.ª Carracedo  Álvarez, catedrático de Medicina Legal, investigador e experto internacional en xenética, para realizar a inauguración do laboratorio, que, a partir dende este día, leva o seu nome.
 
Durante o transcurso da súa visita D. Ángel M.ª Carracedo  Álvarez realizou un pequeno experimento xunto con algúns alumnos presentes consistente na separación do ADN dun plátano e unha manzana. Alumnos e boa parte da comunidade educativa presentes no laboratorio seguiron con moita atención as explicacións e o avance deste pequeno experimento científico.

Aproveitando a súa visita, celebrouse un acto dobre, baixo a organización do CPI, do Concello de O Rosal e a ANPA do CPI.

No acto de inauguración do laboratorio contouse coa presenza de representantes da administración educativa coma o Xefe Territorial, D. César Pérez Ares, e o inspector, D. Carlos Acuña, do Concello, e da ANPA do centro.

Tralo remate das actividades no CPI, trasladáronse ata o Auditorio Municipal do rosal onde tivo lugar un evento público adicado a familias, nenos e nenas, docentes do propio centro e doutros cercanos. Neste acto proxectouse un breve documento audiovisual sobre a figura de Ángel Carracedo así como a realización dunha coloquio-entrevista por parte de alumnos baixo a moderación dunha profesora en formato de diálogo.

Nesta intervención falouse da súa experiencia e da a súa traxectoria profesional con cuestións sobre investigación, sobre a súa faceta profesional, así como a evolución persoal ata converterse nun científico de elite.
 
Para rematar tratouse a súa visión do sistema educativo, que en reiteradas ocasións ten expresado en medios de comunicación e diferentes eventos públicos.
 
   Fotos de Jorge Alonso Daldea y Sara Carrera Coímbra
 
  O catedrático de Medicina Legal, investigador e experto internacional en xenética, realizou a inauguración dun laboratorio e unha coloquio-entrevista
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones