Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - VONTADE CELEBRA O DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O Centro Vontade inaugurouse en novembro de 2012 e atende a unha media de trinta e cinco persoas ao día.

O Centro Vontade inaugurouse en novembro de 2012 e atende a unha media de trinta e cinco persoas ao día.

Fecha: 04 de Diciembre de 2015

Fuente: Infomiño.com

A Asociación Vontade celebrou este día Internacional das persoas con discapacidade con actividades no seu centro da Rocha-Tomiño.

A programación da xornada centróuse nas actividades que os usuarios e usuarias fixeron ao longo do ano. Ademais, desenvolveron as dotes adquiridas nos obradoiros de risoterapia representando unha clase de zumba. O público, máis dun centenar de persoas, presenciaron a proxección da curtometraxe gravada polos usuarios desenvolvido nas aulas de novas tecnoloxías.

Para finalizar o acto, a Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, o concelleiro de Servizos Sociais de Tui, Laureano Alonso, e as Deputadas das áreas de benestar e emprego, Digna Rivas e Montse Magallanes, fixeron entrega dos diplomas de informática e zumba pechando unha xornada emotiva na que os usuarios e usuarias do centro Vontade voltaron demostrar o esforzo de superación.

O centro que a Asociación Vontade ten en Tomiño foi inaugurado en novembro do 2012 e contou coa financiación de fondos da Fundación Once, do 0,7 do IRPF e de Fondos Leader. Ademais, o terreo no que se levanta o inmoble foi cedido pola Comunidade de Montes de Tomiño e xestionado polo Concello de Tomiño.

O centro Vontade atende unha media de 35 usuarios diarios. Non só os socios poden disfrutar das modernas instalacións senón que ao ser financiado no seu 70% por fondos públicos, está aberto a todos os públicos. Así ademais, de dar servizo aos seus usuarios de xeito individualizado, o centro acolle o programa municipal "envellecemento activo" e nas vacacións estivais leva a cabo campamentos de verán para persoas con discapacidade que organiza o Concello.

O espazo conta con 800 metros cadrados de construcción e unha zona adicada a horta e xardín.

A Asociación Vontade foi fundada o 8 de novembro de 2002 e actualmente no seu centro traballa un equipo interdisciplinar formado por 5 técnicos, 1 monitora ocupacional, 1 monitora de novas tecnoloxías, 1 coidador e 1 coidador conductor. Ademáis, para as labores administrativas contan cunha auxiliar e co presidente do colectivo que ademias coordina o funcionamento do centro.

Os usuarios e usuarias do centro non só proceden da comarda do Baixo Miño, senón que Vontade dá servizo aos concellos limítromes da bisbarra. Os usuarios e usuarias ademais contan cun servizo de transporte e de comedor, o que facilita en boa medida as necesidades das familias.

O método de traballo do equipo directivo pasa por individualizar e axustarse ás necesidades de cada individuo. Para iso, os técnicos traballan en equipo e marcan obxectivos específicos aos cales adecuan a súa formación, a súa rehabilitación e habilitación e os seus tempos de ocio e tempo libre. Un proceso completo que é valorado ao finalizar o ano.

O traballo da Asociación Vontade tamén pasa por visibilizar o seu traballo e os logros dos usuarios e usuarias que asisten regularmente a este centro. Por este motivo, o presidente da Asociación, Miguel Pazo, destacaba esta mañán que "o día das persoas con discapacidade pasar por ser os 365 días do ano".

A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, resaltou o emotivo do acto e recordou "que Tomiño conta cunha área adicada ao benestar e a procura de calidade de vida a que acuden veciños e veciñas da comarca. Ao centro Vontade súmase o Centro de Día que tamén dá servizo a máis de 50 usuarios e usuarias".
www.infomiño.com Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea
  Fecha: 3 Decembro 2015
www.infomiño.com © 2014. Todos los derechos reservados. Cámara: Canon EOS 350d
Ver album de fotografías aquí    

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones