Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Especial - Vontade entrega a Cesta de Nadal e Nel disfruta xa dun transporte adaptado

A asociación de persoas con discapacidade puxo á venda 10.000 rifas ao prezo de 1 euro cada unha

A asociación de persoas con discapacidade puxo á venda 10.000 rifas ao prezo de 1 euro cada unha

Fecha: 28 de Diciembre de 2016

Fuente: Infomiño.com

O martes día 27 de decembro de 2017 a Asociación Vontade fixo entrega da cesta de Nadal valorada en 1000€ e que recaeu en Mercedes Domínguez Rodríguez "Chela" de Martín no Rosal.
 
A Asociación para persoas con discapacidade "Vontade", puxo en marcha coa colaboración do Concello de Tomiño, o proxecto denominado "AUTO NOMÍA", co obxectivo de fomentar a independencia e a integración social das persoas con problemas de mobilidade. Concretamente, trátase de prestar un transporte adaptado a familias que carecen de recursos para comprar un vehículo destas características.

Con este fin, Vontade, puxo á venda nesta campaña un total de 10.000 rifas, a 1 € cada unha, e que con moito traballo foron vendidas antes do día 23 de decembro, data do sorteo co premio dunha cesta de Nadal valorada en máis de 1000 euros, que inclúe, ademais dos produtos típicos desta festividade, unha fin de semana nun apartamento rural de Ribadeo.

Por outra parte, o proxecto contempla actividades de concienciación sobre a ELA (Esclerose lateral amiotrófica), doenza neurolóxica crónica e dexenerativa, que vai diminuíndo a mobilidade, provocando debilidade e atrofia muscular nas persoas que a padecen (varias na asociación). Están programadas, polo mesmo, charlas e outras accións de sensibilización sobre a necesidade de ampliar a investigación sobre esta doenza, sen cura até agora.

A familia de "Nel", un usuario de Vontade afectado por esta enfermidade, é a primeira que utiliza xa o transporte adaptado que  mercou a asociación, unha unidade de segunda man, adaptada, cuxo prezo ascendeu a 16.800 euros.

A idea da asociación, segundo explicou o seu presidente, Miguel Pazo, era dispoñer dun vehículo que se poida prestar, por quendas, ás diferentes familias afectadas (seis de momento na zona), de maneira que estas teñan unha independencia de movemento para facer trámites, ir ao médico, á compra, pasear, etc.Trala finalización das vendas das rifas, realizouse a compra do vehículo adaptado, que xa está en mans da Asociación.

A asociación Vontade, con sede en Tomiño, ten na actualidade perto de 200 socios con algunha discapacidade física ou mental (do Baixo Miño e concellos limítrofes).
So en Tomiño hai unhas 1000 persoas con discapacidade; na Comarca do Baixo Miño máis de 6.000, e un 10% delas, padecen algunha doenza que os discapacita.

www.infomiño.com Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea  
  Fecha: 27 de decembro de 2016

 

 
www.infomiño.com © 2016. Todos los derechos reservados. Cámara:

Canon EOS 350d

 

Haz clic en la imagen para ver la galería de fotos

A asociación de persoas con discapacidade puxo á venda 10.000 rifas ao prezo de 1 euro cada unha  

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí