Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - XI MOSTRA DE CULTIVOS DO BAIXO MIÑO

Participaron unha treintena de viveiristas e empresas vencelladas ó sector agrícola da Comarca do Baixo Miño

Organizada por Acubam (Asociación Cultivos do Baixo Miño) en colaboración co Concello de Tomiño, a feira abarca unha superficie total de 1500 metros cadrados de exposición e venda.

Fecha: 28 de Abril de 2014

Fuente: Infomiño.com

Unha trintena de produtores do mundo do viveirismo (planta ornamental, flor cortada, horta, xardinería) e empresas auxiliares do campo, danse cita na décima primeira edición da Mostra de Cultivos do Baixo Miño, esta fin de semana, no pavillón polideportivo de Goián (Tomiño). Un sector que xera máis de 500 empregos directos (70% deles femininos) e máis de 200 indirectos.

Organizada por Acubam (Asociación Cultivos do Baixo Miño) en colaboración co Concello de Tomiño, a feira abarca unha superficie total de 1500 metros cadrados de exposición e venda.

No mediodía do Sábado, tivo lugar a inauguración da mostra, presidida pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, o secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, e presidente de Acubam (Asociación de Cultivos Baixo Miño), José Cosmed.
Entre os asistentes, estiveron tamén os alcaldes da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas; do Rosal, Jesús María Fernández Portela; de Allariz, Francisco García; delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís e Alfonso Ruano, responsable de Agader.

Tomás Fernández-Couto felicitou aos organizadores da exposición porque supón un "escaparate de excepción que garante a exhibición dunha gran diversidade de variedades de plantas ornamentais". Tamén, porque representa unha interesante ocasión de negocio e porque "permitirá que os visitantes vexan de primeira man que a vida dedicada ao rural é rendible e axudará a que se entendan as actividades no rural non como un último recurso, senón como unha forma de vida a estudar e valorar".

A alcaldesa de Tomiño, pola súa banda, reiterou "o apoio incondicional" do Concello a esta mostra, e agradeceu a implicación dos produtores na organización de mesma, resaltando a importancia cada vez maior que ten o sector na economía da comarca.

Dirixíndose ao secretario de Medio Rural, a rexedora local, aseguroulle que "queremos ensinarlle a paixón, corazón e ansias con que os viveiristas levan adiante o seu proxecto". González salientou a profesionalización da Mostra, que dá un paso adiante cun día exclusivamente dedicado á atención de clientes e profesionais, e cualificou o certame como "referente galego do viveirismo de Galicia, ao que se dedicaron tempo e esforzo".
Estendeu os agradecementos aos artistas que expoñen as súas obras no recinto feiral, xunto ás plantas; así como ao Festival Internacional de Allariz que mostra no espazo exterior do pavillón de Goián o xardín que obtivo o primeiro premio.

O presidente de Acubam, resaltou as novidades desta edición, coma que a primeira xornada se adicará exclusivamente aos profesionais do sector, e que a de mañá domingo, será para público en xeral. Tamén que, por primeira vez, organízase unha ruta guiada por seis viveiros da zona, co fin de que os visitantes (profesionais) poidan coñecer in-situ a produción do sector, e ampliar a súa visión do que teñen na mostra.


O sector dos cultivos na comarca do Baixo Miño, xera máis de 500 empregos directos (70% deles femininos) e máis de 200 indirectos. Na actualidade, adícanse unhas 600 hectáreas ao cultivo de planta ornamental e flor. A distribución da produción faise en España (60 %) e no estranxeiro (40 % restante), cunha facturación anual que supera os 55 millóns de euros.

Galicia exporta planta ornamental a toda Europa e países coma Singapur, Turquía ou Chile por un valor estimado de 7 millóns de euros ao ano. Así o destacou o secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, na inauguración da XI edición da Mostra de Cultivos do Baixo Miño, que se desenvolve na localidade pontevedresa de Tomiño.

O secretario xeral lembrou que Galicia é nesta materia unha verdadeira "potencia nacional", xa que a nosa Comunidade está só por detrás de Valencia e Cataluña en cultivo e produción e conta con 130 viveiros e unha superficie de plantación de arredor de 900 hectáreas. Tomás Fernández-Couto destacou ademais que esta actividade é xeradora de emprego de calidade e que nela traballan en Galicia unhas 1.690 persoas de forma directa.

Tomás Fernández-Couto felicitou aos organizadores da exposición porque supón un "escaparate de excepción que garante a exhibición dunha gran diversidade de variedades de plantas ornamentais". Tamén, porque representa unha interesante ocasión de negocio e porque "permitirá que os visitantes vexan de primeira man que a vida dedicada ao rural é rendible e axudará a que se entendan as actividades no rural non como un último recurso, senón como unha forma de vida a estudar e valorar".

Galería Fotográfica de Infomiño Noticias

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones