Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL- O ROSAL CONTARÁ ANTES DE FIN DE ANO CUN CENTRO DE RECEPCIÓN PARA OS VISITANTES DOS MUÍÑOS DO FOLÓN E DO PICON

A directora de Turismo de Galicia e o alcalde da vila, firmaron esta mañá o convenio de colaboración entre as dúas institucións

A directora de Turismo de Galicia e o alcalde da vila, firmaron esta mañá o convenio de colaboración entre as dúas institucións

Fecha: 23 de Febrero de 2016

Fuente: Infomiño.com

 

 

O Luns día 22 de Febreiro de 2016 tivo lugar a sinatura do Concenio de colaboración entre a Dirección Xeral de Turismo da Xunta de Galicia e o Concello do rosal, para o acondicionamento da área de recepción de visitantes do Ben de Interese Cultural Muíños de Folón e Picón.

Neste acto de sinatura estiveron presentes a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro Domínguez, o alcalde, Jesús María Fernández Portela, asi coma a tenente de alcalde Mª Carmen Alonso e a Concelleira de Cultura, Charo Tabales.

O acondicionamento da área de recepción de visitantes do Ben de Interese Cultural Muíños de Folón e Picón é unha demanda que atende a mellorar o acceso a este emblemático punto turístico da Comarca. Facilitaráse o acceso de autobuses e turismos, de xeito que as visitas se fagan tendo un espazo específico de aparcamento e zona de recepción.

O alcalde do Rosal manifestou que "hoxe é un día moi importante para  O Rosal, unha mellora para poder mostrarllea todos os visitantes do Rosal o noso patrimonio cultural".

Este complexo histórico, etnográfico e industrial, que é único en Europa, pódese visitar mediante unha ruta circular converténdose nun dos principais reclamos turísticos da zona do Baixo Miño.

Así mesmo, este recurso turístico conta cunha diversa oferta de actividades complementarias, porén, non dispón dunha área de recepción aos visitantes.

Grazas ao acordo asinado hoxe por Turismo de Galicia e o Concello do Rosal, desenvolveranse os servizos e acondicionamento necesarios para a recepción de visitantes.

O proxecto inclúe a creación dunha área de chegada, unha zona para aparcamento de turismos e autobuses, así como un punto limpo para que os visitantes deixen recollidos os seus residuos. Tamén se realizará un pequeno volume que acollerá os aseos para uso dos visitantes e acondicionarase unha zona para charlas ao aire libre e descanso.

Para iso, Turismo de Galicia realizará unha achega de 250.000 de euros a prol da mellora e do impulso deste recurso turístico.

Durante o acto da sinatura do convenio, a responsable de Turismo da Xunta afirmou que o obxecto do dito acordo de colaboración é enxalzar, divulgar e conservar este conxunto patrimonial así como potenciar a oferta turística da comarca. "Esta actuación contribuirá a fortalecer o sector turístico galego a través da posta en valor do noso patrimonio cultural e etnográfico", sinalou.

A directora de Turismo de Galicia resaltou a importancia do desenvolvemento turístico baseado no aproveitamento, de maneira eficiente e sustentable, dos recursos endóxenos da nosa comunidade. "Ademais de potenciar este conxunto patrimonial, enriquecemos a oferta turística da comarca do Baixo Miño mediante o impulso do uso do conxunto como un espazo natural no que se poderán desenvolver actividades relacionadas co ocio e co turismo", sinalou.

Así mesmo, Nava Castro destacou que este convenio constitúe unha mostra máis da aposta de Turismo de Galicia pola coordinación interadministrativa para lograr unha xestión máis eficaz e un sector turístico competitivo e de calidade.

Incremento da demanda turística
Esta intervención axudará a continuar coa senda de crecemento que se está a producir nos viaxeiros e nas pernoitas dos establecementos hoteleiros da ría de Vigo e Baixo Miño.

No 2015 este xeodestino rexistrou un incremento da cifra de viaxeiros aloxados nos establecementos hoteleiros, do 12,68% en relación ao ano 2015, acadando os 505.636.

Esta mellora trasladouse tamén as pernoitas que se situaron en 992.254, o que supuxo un incremento do 10,40%.

Así mesmo, este aumento da demanda traduciuse nun aumento da ocupación de 3,56 puntos porcentuais.

 

www.infomiño.com Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea
  Fecha: 22 Febreiro 2016
www.infomiño.com © 2014. Todos los derechos reservados. Cámara: Canon EOS 350d
Ver album de fotografías aquí    

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones