Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL- TOMIÑO PRESENTA A PROGRAMACIÓN FORMATIVA DA OMIX PARA O ANO 2016

A oferta conta cunha ducia de cursos que veñen a complementar a formación dos mozos e mozas de Tomiño

A Oficina de Información Municipal de Información Xuvenil recibiu máis de 5.000 consultas no ano 2015.

Fecha: 29 de Enero de 2016

Fuente: Infomiño.com

O Concello de Tomiño ven de presentar a súa programación formativa para o ano 2016. Na presentación aos medios de comunicación a Alcaldesa, Sandra González, fixo balanzo do traballo levado a cabo dende a Oficina Municipal de Información Xuvenil ao longo do pasado ano 2015. En palabras da Alcaldesa "a Omix recibiu máis de 5.000 consultas das cales 500 foron presencias e o resto a través de medios electrónicos como correo electrónico, facebook, skype ou twiter".


A Alcaldesa destacou da programación que se presentou esta mañán o seu carácter complementario na formación dos mozos e mozas do Concello, "moitos destes cursos son demandados polos propios usuarios".


Na presentación desta mañán a Alcaldesa recordou o traballo tan importante que se ten feito dende a Omix como punto de información da rede "Eurodesk" a través do cal a mocidade tomiñesa ten participado en programas e accións doutros países europeos. O pasado ano 10 mozos e mozas tomiñesas puideron beneficiarse de seminarios formativos fora das nosas fronteiras grazas ao Programa Xuventude en Acción abrindo as fiestras de Europa aos xoves de Tomiño.


Segundo a Alcaldesa "a capacidade de mobilidade, de ir e vir, teñen contribuido a trazar expectativas a mozos e mozas que hai cinco anos nin sequera se plantexaran saír de Galicia".


A Concelleira de Mocidade, Fátima Rodríguez, informou de xeito pormenorizado os cursos que inclúe este ano a programación formativa. Por un lado, celebraranse varios cursos relacionados co agro e na liña do proxecto de compostaxe que se está desenvolvendo dende a Concellería de Medio Ambiente. Esta liña formativa inclúe dous cursos, un de horticultura e outro de cultivos ecolóxicos.


Ademáis, levaranse a cabo formación relacionada coa xestión asociacións como é o curso para a visibilidade das asociacións e o curso básico de xestión económica para asociacións. A oferta formativa conta tamén con cursos moi demandados entre os máis novos como son o curso de monitor/a de tempo libre, curso que inclúe a homologación do título. Nesa liña, e co fin de reforzar a formación dos mozos e mozas de cara a seminarios e encontros europeos, impartirase un curso para a pesentación de proxectos "iniciativa xove".


Como ven sendo habitual noutros anos, tamén se impartirán cursos doutras linguas. Haberá de francés, portugués e inglés, este último será impartido por dous voluntarios europeos de Ucrania e República Checa que grazas ao programa Erasmus + residirán durante un ano en Tomiño.


A esta relación de cursos engadimos o de reparacións domésticas e mecánica básica do automóbil que en anteriores edicións gozaran de grande demanda.


Finalmente, o mes de novembro contará cun curso de educación emocional, afectiva e sexual. Este é un curso ao que a Alcaldesa concedeu unha especial importancia xa que este tivo de iniciativas conlevan a "unha sociedade igualitaria dende unha óptica emancipatoria". Segundo González, "novembro será o mes de xénero e adicarémolo a iniciativas relacionadas coa igualdade e coa non violencia. É unha iniciativa de vital importancia xa que neste primeiro mes de ano xa levamos oito mulleres vítimas de violencia de xénero".

 

www.infomiño.com Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea
  Fecha: 28 Xaneiro 2016
www.infomiño.com © 2014. Todos los derechos reservados. Cámara: Canon EOS 350d
Ver album de fotografías aquí    

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones