Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESTE VENRES SE CELEBRARÁN NO AUDITORIO DE GOIÁN AS PRIMEIRAS XORNADAS DE COOPERACIÓN TRANSFRONTEIRIZA E DA AMIZADE CERVEIRA-TOMIÑO

Explicarán aos asistentes os plans e programas europeos aos que se poderán acoller os proxectos que se vaian definindo a partir da Axenda.

Explicarán aos asistentes os plans e programas europeos aos que se poderán acoller os proxectos que se vaian definindo a partir da Axenda.

Fecha: 27 de Marzo de 2015

Fuente: www.concellotomino.com

Nestas xornadas, que serán inauguradas por autoridades locais, autonómicas de Galicia e rexionais do norte de Portugal, servirán para a presentación da redacción definitiva da Axenda Estratéxica de Cooperación Transfronteiriza.
A Axenda vense elaborando desde hai uns cinco meses, sobre a base dunha discusión participada por numerosas entidades sociais e profesionais representativas dos dous concellos, e a partir de documentos elaborados por expertos nas diferentes temáticas abordadas (medio ambiente, mobilidade, turismo, promoción económica, cultura, administración etc..).
Os debates se organizaron en catro grupos de discusión (O río como recurso, a mobilidade transfronteiriza, a coordinación de recursos e equipamentos públicos de ambos concellos e o desenvolvemento económico) e teñen participado arredor de duascentas persoas e entidades representativas de ambos concellos. Neles recolléronse as diversas propostas formuladas tanto directamente, como a través da páxina web conxunta aberta ao efecto.
As iniciativas e liñas de acción da Axenda Estratéxica teñen como finalidade elaborar proxectos de cooperación, baseados no aproveitamento dos recursos naturais comúns aos concellos de Tomiño e Cerveira que se acollerán as convocatorias de subvencións con cargo a fondos europeos, próximas a sair.
En palabras da alcaldesa de Tomiño "A Axenda Estratéxica de Cooperación Tomiño_Cerveira é un instrumento que nos vai permitir concretar boa parte dos obxectivos comúns e convertelos en liñas de acción común e en proxectos concretos, financiábeis maiormente con fondos correspondentes a programas da Unión Europea"
A Axenda Estratéxica que se presentará este venres, nunha mesa onde participaran como poñentes os expertos dinamizadores de cada grupo.
Nunha segunda mesa, representantes de asociacións transfronteirizas e mais da Xunta de Galicia e da rexión Norte de Portugal, explicarán aos asistentes os plans e programas europeos aos que se poderán acoller os proxectos que se vaian definindo a partir da Axenda.
 
I XORNADAS DE COOPERACION
TRANSFRONTEIRIZA E AMIZADE CERVEIRA-TOMIÑO VENRES 27 DE MARZO. AUDITORIO DE GOIÁN-TOMIÑO

PROGRAMA

09h30 - Recepción das persoas participantes

10:00 - SESIÓN DE APERTURA
Sandra González - Alcaldesa de Tomiño
João Fernando Brito Nogueira - Presidente da Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira
-Representante da CCDR-N-
Jose A. Pazos Couñago- Director Xeral de Administración Local da Xunta de Galicia

10:45 - Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Amizade Cerveira-Tomiño
Territorio e encadramento. Sónia Antunes, Técnica Planeamento Municipal CMVNCerveira
O río Miño como recurso común a potenciar. Ana Paula Xavier, Coordenadora da Adriminho
Mobilidade Transfronteiriza e Desenvolvemento Territorial. Daniel Pino, Sociólogo
Xestión Compartida dos Servizos Públicos Locais. Manuela Gomes, Diretora Rexional da Administración Local, CCDR-N
Desenvolvemento económico. Rubén Lois Gonzalez, Catedrático de Xeografía da USC, Director do Centro de Estudos Eurorexionais (CEER)
Prioridades de Intervención da Axenda Estratéxica. Xavier Rivas, Arquitecto
Moderador: Carlos María Jardón. Profesor titular na Faculdade De C. Ecónomicas e Empresariais da Universidade de Vigo. Investigador no campo da economía aplicada e de investigación de mercados.

12h15 - Debate

12h30 - Pausa-Café

13h00 - Desenvolvemento e Cooperación na Galiza e Norte de Portugal
Plano de Investimentos Conxuntos da Euro-Rexión Galiza-Norte de Portugal (PIC). Nuno Almeida, Coordenador Xeral Cooperación Transfronteiriza CCDR-N
Programa Interreg V - POCTEP- 2014-2020, Xosé Lago García, subdirector xeral de Acción Exterior e de Cooperación Transfronteiriza da Xunta de Galicia
A experiencia do AECT Galiza-Norte de Portugal, María Geraldes, Directora AECT Galiza-Norte de
Portugal
A cooperación transfronteiriza de proximidade: o caso do Río Miño Transfronteirizo, Manoel Batista, Presidente do Consello Directivo da Uniminho
Moderadora : Bárbara Barreiros, Avogada e Investigadora da Universidade do Minho

14:00 - Debate

14:15 - CLAUSURA
João Fernando Brito Nogueira - Presidente da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira
Sandra González- Alcaldesa de Tomiño
Luís Campos Ferreira, Secretario de Estado de Cooperación e Asuntos Europeos (*)
14h30 - Xantar informal
(*) Por confirmar 
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones