Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Estudantes de Primaria de Tomiño traballan a igualdade na aula para previr a violencia de xénero

Dous profesionais guían ao alumnado por medio dunha metodoloxía dinámica e participativa (role-playing, vídeos, cancións, debates na aula, etc.) con resolución de supostos prácticos

Dous profesionais guían ao alumnado por medio dunha metodoloxía dinámica e participativa (role-playing, vídeos, cancións, debates na aula, etc.) con resolución de supostos prácticos

Fecha: 20 de Abril de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño continúa traballando no eido educativo para conseguir a sensibilización en temas de igualdade e a prevención da violencia de xénero entre nenos, nenas e adolescentes de todos os centros educativos.

A acción, organizada polo Programa Municipal de Igualdade, da Concellería de Benestar Social, enmárcase no PROGRAMA DE INTERVENCIÓN NOS CENTROS EDUCATIVOS PARA A SENSIBILIZACIÓN EN IGUALDADE E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO, convocado pola Área de Igualdade da Deputación de Pontevedra.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, explica que o Concello continúa traballando nestas actividades, por entender que "a prevención é primordial para achegarnos á igualdade e á erradicación da súa consecuencia máis brutal, a violencia de xénero, especialmente entre a poboación máis nova, que é a que pode axudar a cambiar a visión destes temas no futuro".

Despois do Contacontos pola Igualdade, no que participou o alumnado de Educación Infantil e 1º,2º e 3º de Primaria de todos os centros tomiñeses, e a exposición " Cartas de Amor" organizada a través da Secretaría Xeral de Igualdade no IES Antonio Alonso Ríos, o día 3 de abril comezaron os Obradoiros " Construíndo Igualdade. Previndo a Violencia de Xénero", dirixidos ao alumando de 4º, 5º e 6º de, Primaria, e que se estenderán ata ben entrado o mes de maio.

Estes Obradoiros teñen o obxectivo de facilitar ao alumnado un espazo para a reflexión e concienciación sobre as desigualdades socialmente establecidas entre mulleres e homes, o fomento de modelos sans de relacións de parella, identificando mitos como o do amor romántico , o sexismo en xoguetes, a música e a publicidade, e os mecanismos que conforman o maltrato dentro da parella, coa finalidade de que os mozos e mozas detecten e traten de evitar relacións futuras baseadas no dominio e no control de outra persoa.

Trabállanse os conceptos sexo/xénero, os estereotipos impostos na socialización; os modelos desigualitarios de masculinidade e feminidade, baseados en prexuízos sexistas e os mitos e falsas crenzas sobre a violencia de xénero e as súas consecuencias.

A metodoloxía é dinámica e participativa (role-playing, vídeos, cancións, debates na aula, etc.) o que permite ao alumnado a resolución de supostos prácticos.

Cada obradoiro consta de 5 sesións en grupos de 30 alumnos e alumnas, como máximo. Percorreranse todos os centros de Primaria do Concello, co que a participación ascende a máis de 200 estudantes de entre 9 e 12 anos.

Cada obradoiro é impartido por 2 profesionais da Psicoloxía, con formación e experiencia en perspectiva de xénero, que traballan conxuntamente en cada sesión para promover a dinámica do grupo.

O Concello deseñou unha programación transversal con protagonismo feminino que arrancou hai un par de meses, con actividades organizadas pola Oficina de Igualdade para os centros escolares, como a mostra ‘Cartas de Amor' no IES Antón Alonso Ríos.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones