Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Estudantes de Tomiño piden unha aplicación máis eficaz das leis contra a violencia de xénero

Alumnado de 1º de bacharelato do IES Antón Alonso Ríos, interpretou este mediodía a canción -Ni una más- de Moni González

Alumnado de 1º de bacharelato do IES Antón Alonso Ríos, interpretou este mediodía a canción -Ni una más- de Moni González

Fecha: 26 de Noviembre de 2019

Fuente: Concello de Tomiño

O Mercado Municipal acolleu este mediodía o acto do 25N, que contou con numeroso público. A concelleira de Igualdade, Cristina Martínez, deu lectura ao manifesto contra a violencia de xénero, remarcando "a necesidade de desenvolver, por parte dos gobernos e organizacións, máis actividades de sensibilización sobre a situación de violencia e medo na que viven tantas mulleres".

A concelleira achegou datos estatísticos, segundo os cales, a violencia de xénero é a causa principal de morte de mulleres de entre 15 e 44 anos. "Hoxe vimos vestidas de negro coma símbolo de loito pero tamén de loita por todas as persoas que sofren esta terrible situación", explicou.

Seguidamente, un grupo de alumnos e alumnas de 1º de bacharelato do IES Antón Alonso Ríos, interpretou a canción "Ni una más" de Moni González, cantada por Desiré Pereira.

E xa contra o final, tres compañeiras deron lectura outro manifesto, no que pediron que se apliquen con eficacia as leis contra violencia machista "para que a Xustiza nos crea e deixe de aplicar unha lóxica patriarcal; para que as mulleres sexamos donas dos nosos corpos e das nosas decisións sobre o aborto e a maternidade; para que a educación afectivo-sexual estea contemplada no currículo escolar dun xeito integral sen estereotipos sexistas, racistas e homofóbicos; para que non se nos recorten dereitos no traballo e teñamos unhas condicións dignas e estables; para que non se silencien ás mulleres na Historia; para poder volver á casa sen medo e para que homes e mulleres sexan libres por igual".

Rematado o acto, a concelleira de Igualdade trasladouse coa artista Gemma Marqués até o Camiño do Latas, onde a última está a realizar un novo mural contra a violencia de xénero, coas súas mulleres da serie "Anónimas", e que rematará nas próximas semanas.

Un ano máis, e xunto con máis dun centenar de vilas e cidades galegas, o Concello de Tomiño sumouse á campaña "En negro contra as Violencias", polo que dende a Concellería de Benestar Social, Igualdade e Educación, animaron ao sector do comercio e a todos os axentes sociais e empresarias do municipio, a implicarse nesta acción colectiva, conseguindo un resultado moi bo, polo que dende a Concellería de Benestar fan chegar o seu agradecemento a todas as entidades participantes.

Por outra banda, o Concello de Tomiño desenvolve dende hai varios anos un Programa de Igualdade, dirixido a persoas que sofren violencia, e no que se pode atopar asesoramento xurídico, axuda para trámites e xestións, derivación a outros servizos especializados, solicitude de axudas, atención e acompañamento. Trátase dun programa totalmente gratuíto para as persoas usuarias, confidencial e especializado, integrado no departamento de Benestar do Concello, e ao que se pode chamar para pedir máis información ou cita previa ao teléfono 986 623 211.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones