Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Eu Rural arranca o ano cun curso de escaparatismo e paquetería comercial en Tomiño

A actividade, enmarcada no programa -O ben feito, ben parece-, impártese na Casa da Cultura até o día 30 de xaneiro

A actividade, enmarcada no programa -O ben feito, ben parece-, impártese na Casa da Cultura até o día 30 de xaneiro

Fecha: 18 de Enero de 2019

Fuente: Concello de Tomiño

A Escola Eu Rural comeza o 2019 cun novo curso de formación en Tomiño. Dende hoxe e até o 30 de xaneiro, a nosa vila acolle o "O ben feito, ben parece", unha actividade formativa organizada pola Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural (entidade responsable da execución da Medida Leader 2014-2020), e que ten como obxectivo principal axudar a crecer e mellorar o comercio local, dando ferramentas a todas as persoas para mellorar as ventas dos negocios e facelos máis competitivos.

Centrado na comercialización de produtos, do sector primario e outros, este curso de 36 horas de duración, impártese na Casa da Cultura de Tomiño os días 14, 15 e 16, 21, 22 e 23 e 28, 29 e 30 de xaneiro, de 16.30 a 20.30 horas.

Destinado a persoas emprendedoras e comercios locais, así como a calquera persoa interesada, este curso ten coma fin servir de ferramenta para que o alumnado, adquira coñecementos vencellados ao escaparatismo, presentación do produto, paquetería comercial e visual merchandising. Ao longo da formación, as persoas adquirirán as habilidades necesarias para desenvolver o escaparate perfecto, tendo en conta os puntos de atracción visual e o tipo de decoración máis axeitada en cada negocio, para visibilizar os produtos e favorecer as compras.

Entre as persoas anotadas, atópanse algunhas que xa teñen negocios e outras entre as que hai futuros emprendedores, mozos e mozas en busca de formación específica relacionada co comercio, persoas que traballan dende casa e venden a través de internet, etc.

Patricia Maquieira, monitora do curso explica que a idea é que aprendan nocións básicas sobre escaparatismo e logo aplicalas; para os que teñen tendas será máis fácil facelo, e para os que non, poderán aproveitar a experiencia dos seus compañeiros e compañeiras. Nas primeiras clases comezan a manexar termos como decoración estacional, escaparates creativos, reclamos ou diferencia entre os produtos de tempada e os que non o son. Uns a outros se dan consellos sobre como decorar mellor o seus escaparates ou expoñer os produtos de maneira máis atractiva, sen gastar moito diñeiro.

Tomiño é o terceiro municipio en acoller unha nova acción de ‘O ben feito ben parece', que arrancou en A Guarda en maio e xuño de 2018, e que celebrou unha edición máis en Nigrán en setembro do mesmo ano. Tras a vila tomiñesa será a quenda de Mos, que albergará este curso de escaparatismo do 6 ao 22 de maio de 2019.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí