Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Eurural celebra en Tomiño un curso de autoestima e empoderamento feminino a través da fotografía

A actividade celebrarase os días 7, 9, 10 e 11 de outubro no salón de plenos do Concello. As interesadas poden inscribirse a través da web de Eu Rural

O Concello tamén organiza o vindeiro 12 de outubro un obradoiro de autodefensa feminista

Fecha: 07 de Octubre de 2019

Fuente: Concello de Tomiño

Outubro chega a Tomiño cargado de actividades impartidas por e para mulleres. A vindeira semana o municipio acollerá un curso de autoestima e empoderamento feminino a través da fotografía de 12 horas de duración e un obradoiro de autodefensa feminista, que se impartirá nunha única xornada de 6 horas.

Deste xeito, as orientadoras Tegra Gómez e Patricia Maquieira chegarán ao salón de plenos do Concello co curso ‘Namórate de ti. Autoestima e empoderamento a través da fotografía', unha actividade organizada pola Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural ao abeiro do programa de Agader para a igualdade e a loita contra a violencia de xénero que busca ensinar ás mulleres a quererse e valorarse empregando a foto como ferramenta. O curso impartirase os días 7, 9, 10 e 11 de outubro de 16.30 a 19.30 h.

Ao longo destas catro xornadas realizaranse dinámicas as participantes vivirán sesións de autocoñecemento, con exercicios para aumentar a autoestima e o amor propio e aprender a autoxestionar o control do estrés a través da expresión corporal, verbal e escrita, de dinámicas grupais, vídeos motivacionais e sesións fotográficas da posta en escena das mulleres.

Dirixido a mulleres desempregadas, mulleres que precisan volver confiar en si mesmas, vítimas de violencia de xénero ou en perigo de exclusión social, o curso ten por obxectivos reforzar a autoestima e autoconcepto das participantes, ao tempo que se fomenta a súa unión social e a cooperación grupal.

As mulleres interesadas en participar poden inscribirse xa na páxina web de Eurural (https://eurural.org/curso-namorate-de-ti-autoestima-e-empoderamento-a-traves-da-fotografia/ ). O curso é de balde e terminará coa exposición no concello de Tomiño dunha selección de fotografías realizadas durante as sesións que se inaugurará o vindeiro 5 de novembro.

Autodefensa feminista
Por outra banda, o vindeiro 12 de outubro a Casa da Salgosa de Tomiño acollerá un obradoiro de autodefensa feminista, seis horas de traballo integral nas que as participantes aprenderán técnicas básicas de defensa. Como aseguran dende a organización do curso, "a autodefensa feminista é un elemento indispensable de protección e loita contra as violencias machistas. As violencias son estruturais e impactan en todas as áreas, física, emocional, relacional, social... por iso neste obradoiro o traballo que se realiza é integral".

O obradoiro, dirixido a mulleres a partir de 15 anos, celebrarase o sábado de 11 a 13 e de 16 a 19 h. Todas as interesadas en participar poden inscribirse en https://tomino.gal/obradoiro-de-autodefensa-feminista/ .
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones