Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

EVA VILAVERDE: -NUNHA SOCIEDADE AVANZADA É INADMISIBLE O ABANDONO ANIMAL-

A deputada delegada do CAAN presentou a campaña -Está na túa man. Adopta-

A deputada delegada do CAAN presentou a campaña -Está na túa man. Adopta-

Fecha: 25 de Mayo de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

"O principal obxectivo é que os animais non cheguen ao CAAN e para iso é necesario realizar unha labor de educación en positivo" asegurou a deputada Eva Vilaverde durante a presentación da campaña 'Está na túa man. Adopta'. Trátase dunha iniciativa de difusión sobre as posibilidades e vantaxes de adoptar os cans adultos do Centro de Acollida e Protección de Animais de Armenteira. A deputada delegada deste centro estivo acompañada na presentación polo xefe de servizo de Asistencia Intermunicipal, Gabriel Rodríguez, polo xefe do Servizo Veterinario, José Luis Pedreira, e por Ruth Rodríguez, adoptante dunha cadela adulta procedente do centro.

"Nunha sociedade avanzada é inadmisible o maltrato animal, e o abandono non é máis que unha forma de maltrato" asegurou Eva Vilaverde. Para evitar esta práctica iniciarase esta campaña coa distribución de 10.000 carteis e 30.000 trípticos informativos en todos os concellos da provincia, colexios de infantil, primaria e secundaria, colexios de veterinarios e universidades, co fin de chegar ao maior número posible de colectivos e concienciar á sociedade da necesidade de loitar contra o abandono e promover a adopción de cans adultos. A deputada explicou que no eido da adopción hai dous grupos especialmente sensibles, os cachorros e os cans adultos, e que "mentres no primeiro caso a taxa de adopción é máis elevada, no caso dos animais adultos hai menos adopcións polo que decidimos centrar a campaña neste grupo, explicando as posibilidades e as vantaxes que ofrecen". Eva Vilaverde citou como principais factores a ter en conta que os cans adultos "xa levan uns hábitos de comportamento e hixiene adquiridos, teñen un carácter máis tranquilo e máis predecible, e os custos de atención son menores". Lembrou, ademais, que os custos da adopción son gratuítos, posto que o CAAN entrega o animal identificado con microchip, vacinado e desparasitado.

A realidade dos animais abandonados

Para ilustrar a realidade dos animais acollidos no centro e a situación na que chegan, Gabriel Rodríguez e José Luis Pedreira explicaron casos concretos de cans que foron recollidos en condicións estremas e que tras recibir a atención veterinaria pertinente, chegaron a ser adoptados. Entre os casos máis chamativos citaron o de 'Ángel', un can xa maior, de 14 anos, recollido en Sanxenxo e que sufría cataratas e artrose e que, tras ser tratado no CAAN, foi adoptado pola mesma persoa que alertou do seu abandono. Un caso similar ao de 'Apolonio, que tamén foi adoptado polo alertante, despois serlle amputada unha pata e nuclearlle un ollo como resultado das fracturas que sufría na extremidade e da atrofia ocular.

Aos casos citados, sumáronlle exemplos de cans vítimas de lazos furtivos, con diferentes doenzas infecciosas ou con sarna xeralizada. Animais que foron tratados no CAAN e que actualmente están en disposición de ser adoptados, xa que ademais de recuperar a saúde tamén mudaron características do seu carácter e comportamento, volvéndose máis confiados e cariñosos.

Para dar conta dunha experiencia exitosa de adopción de animal adulto, estivo presente Ruth Rodríguez que adoptou a comezos de ano a Silvinha, unha cadela de 14 anos recollida nas Neves. Ruth asegurou que "foi amor a primeira vista" e que a pesares de que xa estivera mirando a páxina web do centro e levaba en mente outro animal, "cando coñecín a Silvinha e a súa historia, e todo o proceso longo de curación e o obediente e educada que era non o dubidei nin un momento". Ruth Rodríguez corroborou que ao tratarse dunha cadela xa maior ten un carácter afable e cariñoso coas persoas e cos demais animais que a experiencia é totalmente satisfactoria.

Datos de abandono e adopcións
Segundo os datos do último estudo da Fundación Affinity, no ano 2014 abandonáronse máis de 100.000 cans no Estado español. Unha realidade que se quere atallar a través de campañas educativas e de sensibilización, como a que esta maña se presentou na Deputación.

Concretamente no CAAN as taxas de abandono reducíronse no último ano nun valor superior ao 10%. Eva Vilaverde explicou que aínda que a comezos de 2015 todo parecía indicar que a taxa de abandono se ía reducir nun 30% finalmente as expectativas non se cumpriron e víronse moi rebaixadas polo que "vemos necesario realizar este tipo de traballo informativo e de sensibilización, e que a sociedade comprenda que un can non é un xoguete que poidamos comprar ou escoller pola súa estética". O que si valorou como positivo é que as taxas de adopción se mantiveron no último exercicio. Durante o 2015 foron adoptados arredor de 400 animais do CAAN, preto de dúas adopcións ao día. Desde a posta en marcha do centro, desde abril do 2013, lévanse realizado 1.200 adopcións.

Ademais, durante o pasado exercicio, máis de 400 cans foron devoltos aos seus propietarios sen necesidade de ser trasladados ao centro, ao estar correctamente identificados. Outros 500 cans foron recollidos no CAAN polos seus propietarios, ao non ser posible contactar con eles no momento da recollida. Neste momento, o Centro de Acollida e Protección de Animais de Armenteira conta con 600 animais nas súas instalacións.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones