Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Éxito de participación na última edición das Rutas de Artes e Oficios de Tomiño

Case 50 persoas acudiron á visita á Fundición ArteBronce para coñecer o traballo de Cuqui Piñeiro

Case 50 persoas acudiron á visita á Fundición ArteBronce para coñecer o traballo de Cuqui Piñeiro

Etiquetas del contenido

Fecha: 26 de Agosto de 2022

Fuente: Concello de Tomiño

Tomiño é terra de artistas, pintores, escultores, ceramistas, viveiristas... e unha longa lista de profesións que enriquecen e impulsan a actividade económica da contorna. Co obxectivo de poñer en valor as actividades que levan a cabo as empresas tomiñesas, o Concello organiza, dende 2017, as Rutas de Artes e Oficios: unha serie de visitas guiadas e de balde, a diferentes compañías da vila co fin de promocionar a propia riqueza cultural e patrimonial.

Un programa consolidado, que non se detivo durante a pandemia, e que neste verán de 2022 desfrutou, como era de agardar, dunha grande acollida entre a veciñanza. A última das rutas foi a que máis espertou a curiosidade da veciñanza. Case 50 persoas acudiron á visita á Fundición ArteBronce, unha entidade que dirixe a artista Cuqui Piñeiro. Filla do recoñecido escultor Xoán Piñeiro, esta goianesa decidiu seguir a tradición familiar e foi ela en persoa quen explicou, en profundidade en con moita dedicación, o proceso de fundición do bronce, cales son as pezas máis importantes e representativas da súa traxectoria, falou tamén da evolución do obradoiro ao longo dos anos e o público tivo a oportunidade única de descubrir, das súas mans expertas, os segredos que esconde a técnica a cera perdida.

A primeira das visitas foi un percorrido de hora e media polos Viveiros Casaíta, onde preto de 20 persoas tiveron a oportunidade de coñecer in situ como traballan, cales son os procesos de produción, as súas variedades máis importantes e mesmo algunhas especies centenarias.

Outra das rutas contou coa participación dun dos responsables da asociación cultural Muíños do Porto de Vilameán, que expuxo polo miúdo o proceso de restauración dun dos principais elementos do patrimonio cultural, etnográfico e cultural da contorna. Ademais, a ruta consistiu nun percorrido polos 5 muíños que quedan na actualidade, e no interior dunha das estruturas as 20 persoas asistentes aprenderon como se realizaba a moenda, cales son as partes máis importantes dun muíño ou que experiencias gardan os muiñeiros na súa memoria.

Tamén estaba programada unha visita ao obradoiro de Leandro Alonso, pero finalmente e por causas alleas á organización, tivo que ser cancelada. A previsión é que, a vindeira edición das Rutas e Artes e Oficios inclúa de novo a visita ao lugar de traballo dun dos ceramistas máis recoñecidos do Baixo Miño, e que máis veciñas e vecinos poidan coñecer e apreciar o seu bo facer.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí