Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Éxito na III edición de Barbeiros Solidarios a favor da Asociación de Persoas con Discapacidade Vontade en Tomiño

Recadáronse en total 2.508?, superando en máis de 600? a edición do ano pasado.

Recadáronse en total 2.508?, superando en máis de 600? a edición do ano pasado.

Fecha: 08 de Octubre de 2019

Fuente: Vontade

Un total de 26 perruqueiros e perruqueiras chegados dende Valladolid, A Coruña, Ourense, Pontevedra e concellos dos arredores de Tomiño, colaboraron na III edición de Barbeiros Solidarios a favor da Asociación de Persoas con Discapacidade Vontade. Durante este pasado domingo, 6 de outubro, dende as 11 horas e ata as 18 horas, na Praza do Seixo, realizaron máis de 300 traballos entre cortes de pelo, peiteados, afeitados, barbeados, depilacións, entre outros.

Como novidade desta edición, as persoas usuarias do centro de recursos de Vontade aportaron o seu gran de area ao colaborar nas tarefas do evento e tamén atendendo un pequeno posto de artesanía realizada por elas e eles mesmos nos obradoiros nos que participan no centro.

Tamén este ano houbo inchables e xogos tradicionais para os máis cativos, e música en directo coa Argonat Band e Laura Ocampo que, de maneira desinteresada, colaboraron con Vontade amenizando as primeiras horas do evento. Outro dos pasatempos para as persas que se achegaban á Praza do Seixo foi un photocall realizado polas persoas usuarias do centro, onde as persoas asistentes puideron sacarse fotos do antes e despois de pasar polas mans dos profesionais da perruquería.

A edición deste ano foi todo un éxito, segundo a organización. Recadáronse 2.508€ procedentes dos cortes de pelo e tamén de donativos, polo que se chegou a superar en 600€ a contía recadada na edición anterior.

Dende Vontade queren agradecer a colaboración desinteresada de todas as empresas e comercios que axudaron coas súas aportacións como comida e bebida (Hotel Nova Colina, Disgobe, Tomipan Flor y nata, Woody Pool, Taperia Os Casqueiros), son, inchables e xogos (Festa A Esgalla), temas de impresión (RM Dixital), préstamos de carpas, produtos para as e os profesionais de barbería e perruquería (Mediavita), prantas para a decoración do evento (Casaita), ademais do concello de Tomiño por toda a súa colaboración prestada para que este evento se puidera levar a cabo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones