Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ÉXITO ROTUNDO DA XORNADA DE PRIMARIAS ABERTAS DE NÓS ? CANDIDATURA GALEGA

Carlos Callón na Coruña, Olalla Rodil en Lugo, Carme Adán en Pontevedra e Noa Presas en Ourense serán as cabezas de lista de Nós - Candidatura Galega ao Congreso dos Deputados.

Carlos Callón na Coruña, Olalla Rodil en Lugo, Carme Adán en Pontevedra e Noa Presas en Ourense serán as cabezas de lista de Nós - Candidatura Galega ao Congreso dos Deputados.

Fecha: 09 de Noviembre de 2015

Fuente: polaunion.gal

Carlos Callón na Coruña, Olalla Rodil en Lugo, Carme Adán en Pontevedra e Noa Presas en Ourense serán as cabezas de lista de Nós - Candidatura Galega ao Congreso dos Deputados.

Máis de 4000 persoas (un 70% por cento das censadas) participaron este domingo na xornada de primarias abertas de NÓS - Candidatura Galega, coa que rematou o amplo proceso social que a plataforma Iniciativa pola Unión desenvolveu ao longo dos últimos meses para a conformación dunha candidatura galega de base cidadá para as eleccións xerais do 20D. A votación desenvolveuse a través de 144 mesas establecidas no conxunto do territorio galego, ás que sumou a mesa telemática do voto online.

A experiencia resultou fondamente positiva en palabras de Suso Bermello, coordinador da xornada, que salientou "tanto a participación cidadá conseguida como a altísima calidade democrática do proceso de escolla das candidaturas. Non houbera nunca en Galiza un proceso de primarias tan aberto, garantista e participativo coma este que vimos de celebrar. Estamos realmente orgullosos da experiencia".

Na xornada de primarias o conxunto de persoas censadas -máis de 5800 en todo o país e na emigración- podían facer tres escollas diferenciadas: cabeza de lista do Congreso, resto de lista de Congreso e candidatura ao Senado. Os resultados confirman a Olalla Rodil (Lugo), Noa Presas (Ourense) e Carme Adán (Pontevedra) como cabezas de lista de Nós-Candidatura Galega polas súas respectivas provincias ao Congreso, e colocan a Carlos Callón como o candidato escollido pola provincia da Coruña, que se impuxo cun 65% de apoio sobre Tereixa Novo, que obtivo o 32% .

Para completar as listas, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, foi o candidato máis votado da súa provincia, en tanto na Coruña a actriz Isabel Risco resultou a candidata máis votada, seguida do escritor e ensaísta Suso de Toro. No caso de Ourense e Lugo as persoas que figurarán no número 2 da lista serán a concelleira en Oímbra Perfecta Losada e o sindicalista agrario Xosé Antón Ledo.
Para as candidaturas do Senado, Xosé Luís Rivas "Mini" (músico e ex alcalde de Boimorto) pola Coruña, a atleta Alba Cuba por Pontevedra, Rosana Prieto (guía turística na Ribeira Sacra e portavoz do BNG en Pantón) por Lugo e Diego Lourenzo (tenente alcalde do Concello de Verín) por Ourense foron as persoas máis votadas.

Desde a Iniciativa pola Unión valorouse esta xornada de primarias como "un exemplo de como se constrúe, desde a propia sociedade, una candidatura de base cidadá, plural e co centro de decisión no noso país, chamada a ser a representación soberana da sociedade galega nas Cortes españolas. É preciso mudar as cousas, defender ás maiorías sociais e conquistar o dereito a una vida digna para todas as persoas, e queremos facelo desde nós, como galegas e galegos de nación, a través dunha representación propia de Galiza en Madrid".

A continuación referéncianse os datos das primarias por provincia:
A CORUÑA

75,03% DE PARTICIPACIÓN

CABEZA DE LISTA AO CONGRESO:
CARLOS CALLÓN: 1197 (65,84%)
TEREIXA NOVO: 585 (32,18%)

VOTOS EN BRANCO: 29 (1,60%)
VOTOS NULOS: 5 (0,28%)

LISTA AO CONGRESO:
ISABEL MARTÍNEZ-RISCO VALDIVIESO: 1355
TEREIXA NOVO ARROJO: 1110
XESÚS M. DE TORO SANTOS: 1084
ELVIRA SOUTO PRESEDO: 951
LUCÍA VECINO SOUTO: 735
DJYBY FALL: 523 VOTOS
MANUEL PRESAS NAVARRO: 417
NATALIA TARELA BECERRA: 268

VOTOS EN BRANCO: 27
VOTOS NULOS: 6
LISTA AO SENADO:
XOSÉ LUÍS RIVAS CRUZ : 1340
SECUNDINO GARCÍA CASAL: 919
VANESSA NIEVES NIETO: 553
MIGUEL ANXO ABRAIRA SOBRADO: 442
LUGO

60,71% DE PARTICIPACIÓN

CABEZA DE LISTA AO CONGRESO (OLALLA RODIL): 444 (96,74%)
VOTOS EN BRANCO: 12 (2,61)
VOTOS NULOS: 3 (0,65%)

LISTA AO CONGRESO:
XOSÉ ANTÓN LEDO PAN 252
MONTSERRAT PORTEIRO SÁNCHEZ 147
XOSÉ PALEO RODRÍGUEZ 52

VOTOS EN BRANCO: 8
VOTOS NULOS: 17
LISTA AO SENADO:
ROSA ANA PRIETO FLORINES 318
ORLANDO GONZÁLEZ CRUZ 277
LUÍS LÓPEZ MELLE 201

VOTOS EN BRANCO: 4
VOTOS NULOS: 2
OURENSE

PARTICIPACIÓN 64,69%

CABEZA DE LISTA AO CONGRESO (NOA PRESAS BERGANTIÑOS): 341 (94,46%)
VOTOS EN BRANCO: 20 (5,54%)
VOTOS NULOS: 0

LISTA AO CONGRESO:
PERFECTA LOSADA SOTELO 217
FERNANDO ALONSO LORENZO 61
XESÚS MANUEL SUÁREZ GARCÍA 65
VOTOS EN BRANCO: 9
VOTOS NULOS: 14

LISTA AO SENADO
DIEGO LOURENZO MOURA 254
CARME BOLAÑO VÁZQUEZ 223
F. XABIER GONZÁLEZ SOTELO 107

VOTOS EN BRANCO: 8
VOTOS NULOS: 2
PONTEVEDRA

70,06% DE PARTICIPACIÓN
CABEZA DE LISTA AO CONGRESO:
MARÍA DO CARME ADÁN VILLAMARÍN 1238 (90,56%)

VOTOS EN BRANCO: 103 (7,54%)
VOTOS NULOS: 13 (0,94%)
LISTA AO CONGRESO:

MIGUEL ANXO FERNÁNDEZ LORES: 913
MIRIAM RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ: 690
ALBERTE LAMAZARES CASERO: 624
MARÍA POUSADA PACHECO: 379
HELENA PÉREZ FERNÁNDEZ : 360
TEBA CONDE HERREZUELO: 319
DAVID TORRES MASCATO: 216
SEGUNDO GONZÁLEZ GONZÁLEZ: 181

VOTOS EN BRANCO: 15
VOTOS NULOS: 7

LISTA AO SENADO:

ALBA CUBA DORADO: 828
XOSÉ COLLAZO CASTRO: 622
VALENTÍN GARCÍA BÓVEDA: 476
DAVID TORRES MASCATO: 239
ERNESTO VÁZQUEZ-REY FARTO: 189
CARLOS VILLAR GUTIÉRREZ: 83

VOTOS EN BRANCO: 39
VOTOS NULOS: 21

DATOS TOTAIS
PERSOAS VOTANTES 4022
A Coruña 1818
Lugo 476
Ourense 361
Pontevedra 1367

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones