Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Éxito rotundo das actividades nas parroquias do pro-grama -Deporte para todas as persoas-

Xa hai máis de 100 persoas inscritas nas actividades que se desenvolven en Sobrada, Tomiño e Tebra. En total, unhas 200 persoas participan nas diferentes actividades deportivas transfronteirizas da Eurocidade Cerveira-Tomiño

Xa hai máis de 100 persoas inscritas nas actividades que se desenvolven en Sobrada, Tomiño e Tebra. En total, unhas 200 persoas participan nas diferentes actividades deportivas transfronteirizas da Eurocidade Cerveira-Tomiño

Fecha: 09 de Mayo de 2019

Fuente: Concello de Tomiño

Grande acollida das actividades gratuítas desenvolvidas nas parroquias tomiñesas dentro do programa ‘Deporte para todas as persoas', posto en marcha pola Eurocidade Cerveira-Tomiño en instalacións municipais de ambos os dous concellos. Máis de 100 persoas xa están inscritas e participan nas clases que cada semana se desenvolven en Sobrada (mércores), Tomiño (xoves) e Tebra (venres) e que cada vez suscitan máis interese entre a poboación. Son actividades como ximnasia de mantemento e pilates coas que os e as participantes din sentirse mellor fisicamente.

De xeito paralelo, Vila Nova de Cerveira ten en marcha tamén tres grupos de actividades deporti-vas gratuítas nos IPSS (Institucións Particulares de Solidariedade Social) dirixidas a un perfil de público diferentes, especialmente xente de maior idade.

Inscrición
Máis de 200 persoas participan nas actividades gratuítas do programa transfronteirizo ‘Deporte para todas as persoas' e que inclúe, ademais das modalidades deportivas en parroquias de Tomi-ño e IPSS de Cerveira: piscina en familia nas instalacións municipais de Cerveira, con natación e iniciación ao medio acuático para nenas e nenos de 3 a 12 anos acompañados dun familiar os pri-meiros sábados de cada mes (18.45 h, hora galega), e actividades para maiores de 55 anos, todos os martes (10.30 h) en Cerveira e os xoves (10.00 h) no local da Asociación Vontade de Tomiño. Ambas as dúas tamén cunha boa acollida por parte da poboación.

Este programa deportivo comezou unha nova tempada en setembro de 2018 e estará aberto ata novembro deste ano, agás no mes de agosto, no que se fará un parón estival. Todas as persoas interesadas en participar poden aínda inscribirse vía online, cubrindo o formulario que atoparán na web da Eurocidade (https://eurocidadecerveiratomino.eu/servizos-compartidos ), ou de forma presencial na oficina de Cooperación Transfronteiriza, situada no segundo andar do Concello de Tomiño (Praza do Seixo). Máis información no teléfono 986 18 45 98, en horario de 08.00 a 15.00 horas.

Programa Interreg
Estas actividades deportivas que invitan aos veciños e veciñas dos dous municipios a compartir prácticas saudables forman parte da Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Ami-zade Cerveira-Tomiño, un proxecto cofinanciado ao 75% polo Programa INTERREG VA POCTEP, fondos FEDER da Unión Europea.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones