Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Expertos abordan en Tomiño o problema do saneamento en concellos rurais con moita dispersión

As conferencias celebráronse na Casa da Cultura e contaron cunha moi boa afluencia de público

Expertos de diferentes universidades e doutros organismos abordaron durante tres días a realidade de municipios con núcleos dispersos, como Tomiño, onde un 20% da poboación vive en núcleos con menos de 500 habitantes

Fecha: 26 de Noviembre de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

Durante tres días consecutivos, expertos de diferentes universidades galegas e organismos públicos e privados, abordaron o problemático tema do saneamento en concellos rurais con moita dispersión, no marco das I Xornadas de Saneamento e Depuración de Augas, organizadas pola Concellalía de Medio Ambiente do Concello de Tomiño.

María Xosé Vázquez, concelleira responsable da área, explicou que os obxectivos da actividade eran reflexionar sobre a situación do saneamento en Galicia e a problemática en concellos rurais coma Tomiño, con hábitats dispersos; analizar problemas de pozos negros e fosas sépticas obsoletas ou deficientes, e alternativas para pequenas poboacións.

"A situación actual do saneamento e depuración en Concellos rurais galegos. O caso de Tomiño", foi o tema, abordado o primeiro día (22 de novembro) por David Hernáez Oubiña, enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos; técnico de Augas de Galicia e profesor asociado da Universidade da Coruña (UDC).


Segundo o experto, o 20% da poboación total de Tomiño (13.873 habitantes) vive en 62 núcleos de menos de 500 habitantes, e o resto o fai en entidades de poboación diseminadas, constituídas por edificacións ou vivendas que non poden incluírse no concepto de núcleo.

Xunto a el, estiveron tamén Joaquín Suárez López (doutor e enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos; investigador do Grupo de Enxeñaría da auga e do Medio Ambiente, e profesor titular da UDC, e Marián Lago Torrado, técnica responsable da empresa Aqualia en Tomiño.

Os expertos coincidiron na necesidade de analizar o sistema de saneamento máis viable e axeitado para cada unidade de poboación, segundo as súas características e número de habitantes, e comentaron as diferentes alternativas existentes dende os sistemas colectivos de proximidade até os autónomos.

As conferencias continuaron os días 23 e 24, na Casa da Cultura, en horario de 20.00 a 22.00 horas, contando cunha boa afluencia de público interesado.

Ao longo deste tres días, os técnicos analizaron tamén sistemas de depuración autónomos mediante tanques ou fosas sépticas; solucións individuais e para pequenas poboacións, e sistemas de depuración alternativos baseados en plantas; humidais artificiais, ecolagoas, etc.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones