Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Expertos de Irlanda e Escocia visitarán as tráidas veciñais de auga de Tomiño

A visita conta coa colaboración do Concello de Tomiño, e encádrase dentro da 4ª Xornada de Abastecemento Rural, do programa europeo Life Rural Supplies

A visita conta coa colaboración do Concello de Tomiño, e encádrase dentro da 4ª Xornada de Abastecemento Rural, do programa europeo Life Rural Supplies

Fecha: 07 de Junio de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

O vindeiro mércores 8 de xuño, técnicos de Irlanda e Escocia, chegarán a Tomiño para coñecer, in situ, o sistema de traídas de augas de Galicia, co fin compartir experiencias comúns neste eido.
A visita conta coa colaboración do Concello de Tomiño, e encádrase dentro da 4ª Xornada de Abastecemento Rural, do programa europeo Life Rural Supplies (Life12 env/es/000557 "Solucións sostibles para pequenas redes de abastecemento"), no que participa Coxapo Galicia (Comunidade Xeral de Augas de Galicia), con sede na parroquia tomiñesa de Estás e o Concello de Abegondo.

Deste xeito, esta semana, dentro dunha rede sobre abastecementos de auga en diferentes países europeos, un grupo de expertos internacionais visitará traídas de auga do concello de Tomiño, acompañados por técnicos de COXAPO e comunidades de augas locais de Abegondo (municipio que comezou con este proxecto europeo no ano 2013).


Programa
O mércores día 8 de Xuño terá lugar a recepción no Concello de Tomiño por parte da alcaldesa e da corporación municipal, e o xoves 9 visitaranse as comunidades de augas de Amorín, Barro, Estás e Tomiño-Forcadela.

"Para o Concello de Tomiño ten grande interese, tanto expoñer as nosas experiencias, pois temos traídas comunitarias pioneiras en xestión e tratamento, coma aprender doutras maneiras de organización e xestión", explica María Xosé Vázquez.
"Un ben de gran importancia social e ambiental como é a auga debe ter un enfoque prioritario dende as institucións públicas, e neste sentido o Concello de Tomiño quere participar neste e nos proxectos europeos, nacionais e autonómicos que aborden esta cuestión. Os modos tradicionais de autoxestión dos recursos poden e deben manterse, e son compatibles con acadar elevados estándares de calidade sanitaria", engade a concelleira.

Para pechar as xornadas, o último día está prevista a celebración dunha conferencia na capital de Galicia, na que se tentará contextualizar a situación actual da dotación dos servizos da auga no rural e darase a coñecer a estratexia levada a cabo en Irlanda como posible modelo a seguir.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones