Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Exposición sobre o concurso da ponte peonil entre Tomiño e Cerveira

O mercado municipal acolle até o día 21 a exposición sobre o concurso da ponte peonil entre Tomiño e Cerveira

O mercado municipal acolle até o día 21 a exposición sobre o concurso da ponte peonil entre Tomiño e Cerveira

Fecha: 10 de Mayo de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

A exposición sobre os traballos presentados ao Concurso Internacional de Ideas para a Construción da Nova Ponte Peonil entre os concellos de Tomiño e Vila Nova de Cerveira, vén de chegar a Tomiño, procedente de Pontevedra.

Até o vindeiro día 21 de maio, poderanse contemplar no primeiro andar do Mercado Municipal de Tomiño, os 24 proxectos admitidos ao certame, entre os que destacan as tres propostas finalistas: ‘Raia', de Álvaro Siza e Jorge Amorim Nunes da Silva; ‘Caminho do rio,' de Javier Zubia e Paula Teles; e ‘Una línea sobre el Miño', das sociedades Burgos & Garrido e Bernabeu Ingenieros.

O deputado de Cooperación Transfronteiriza e concelleiro tomiñés, Uxío Benítez, salienta "o alto nivel e a diversidade de países que participaron neste concurso internacional, polo que pensamos que era necesario difundir os tres proxectos gañadores, pero tamén todos os que foron admitidos a concurso".

A exposición, de carácter itinerante, que visitará proximamente a Câmara de Vilanova de Cerveira, espertou xa grande interese entre o público, e institucións coma o Colexio de Enxeñeiros de Camiños de Galicia, xa solicitaron poder contar con ela.

O concurso internacional de ideas foi posible grazas a estar incluído dentro do proxecto europeo de cooperación transfronteiriza "Visit Rio Minho", cofinanciado polo Interreg, e que ten coma obxectivo a posta en valor dos recursos endóxenos do río. Segundo Benítez, a idea é crear un parque transfronteirizo, un espazo urbano de xestión común entre os dous concellos, unha idea innovadora, que está sendo moi ben valorada por todos os estamentos.

Agora comeza a segunda fase, consistente nun procedemento negociado para a contratación dun proxecto básico, "que se agarda que se resolva á altura do verán", de xeito que o proxecto final poida estar listo este mesmo ano. Benítez indicou que ao logo de 2019 "será necesario obter as autorizacións e informes sectoriais precisas e así concluirá o proceso incluído dentro do proxecto", advertindo que será un proceso complexo "porque afecta a unha zona moi sensible e a dous países, e polo mesmo, serán moitas as institucións que teñan que emitir informes".
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí