Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

FEIJÓO ANUNCIA UNHA NOVA LIÑA DE AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR, QUE BENEFICIARÁ O VINDEIRO CURSO ENTRE 60.000 E 70.000 ALUMNOS

Afirma que a Educación é e seguirá a ser unha das prioridades do Goberno galego e destaca o esforzo e compromiso da comunidade educativa e da sociedade galega neste eido

Lembra que 85.000 estudantes galegos teñen hoxe máis contidos en linguas estranxeiras no seu ensino público

Fecha: 24 de Junio de 2015

Fuente: Xunta de Galicia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe na Cámara galega que entre 60.000 e 70.000 alumnos contarán no vindeiro curso cun cheque de entre 40 e 50 euros para material escolar. "Imos seguir axudando aos que menos teñen e traballando polas familias en situación de vulnerabilidade, con dificultades económicas", aseverou, ao que precisou que esta liña de axudas inclúese no Plan social contra a desigualdade económica.

En resposta ás preguntas dos grupos no Pleno da Cámara, Feijóo afirmou que a Educación é e seguirá a ser unha das prioridades do Executivo autonómico, salientando o esforzo e compromiso da comunidade educativa e da sociedade galega, "a través dos presupostos".

Nesta liña, Feijóo lembrou que: 85.000 estudantes galegos teñen hoxe máis contidos en linguas estranxeiras no seu ensino público; Galicia conta con 220 centros plurilingües; 52.000 alumnos de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO están a formarse nunha contorna dixital; o alcance de Abalar esténdese xa a 2.300 aulas de máis de 500 centros educativos; e hai un 54% máis de prazas de formación profesional.

Así mesmo, salientou que a Comunidade conta con 10.000 novas prazas públicas de comedores escolares, "un 22% máis que cando chegamos ao Goberno"; "aprobamos un sistema para facilitar a gratuidade dos libros de texto ás familias con menos recursos e, hoxe, o 70% das familias galegas poden mercar os seus libros sen achegar un só euro do seu diñeiro familiar; e temos as universidades coas taxas máis accesibles de España, o que permite un aforro ás familias galegas de 20 millóns de euros cada ano".

Durante a súa intervención, Feijóo subliñou que o esforzo conxunto permitiu que o fracaso escolar sexa 9 puntos menos que cando gobernaba o bipartito. E, resaltou tamén que, co obxectivo de que o 100% das aulas públicas sexan dixitais, este ano a Xunta investirá 11 millóns de euros para dixitalizar todas as aulas do terceiro ciclo de primaria e de educación secundaria; "e somos a primeira comunidade de España que está traballando no proxecto de contido de libros dixitais, para o que estamos investindo outros tres millóns de euros".

Un concurso eólico avalado polas sentenzas do TSXG
Durante o Pleno, Feijóo referiuse tamén ás 12 sentencias do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que avalan a decisión do Goberno galego de anular o concurso eólico do bipartito; "un concurso -lembrou- cuestionado polo Consello Consultivo que dixo que tiña tachas de ilegalidade, polos propios membros do Goberno do bipartito e polos 55 recursos que ten aínda", remarcou.

Diante desta situación, o responsable autonómico subliñou que o actual Goberno tomou a decisión de "derrogar o decreto, revisar o concurso e recuperar o tempo perdido". "É dicir, cumprimos co compromiso de deixar sen efecto ese concurso con tachas de ilegalidade", incidiu.

O titular da Xunta concluíu precisando que, na actualidade, o 83% do concurso eólico de 2010 está xa en trámite, cunha execución de 800 millóns de euros e a xeración de 1.800 postos de traballo. "E o canon eólico permitiu recadar 137 millóns que se están redistribuíndo nos concellos e na Xunta para facer, entre outras cousas, política social", engadiu.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones