Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

FEIJÓO DESTACA A APROBACIÓN DO PLAN DE AFORRO ENERXÉTICO NAS VIVENDAS GALEGAS CARA A CONSTRUCIÓNS MÁIS EFICIENTES E O FOMENTO DO EMPREGO DE FONTES DE ENERXÍA RENOVABLES

No eido das infraestruturas fomentarase o acondicionamento de fiestras, cubertas e fachadas con axudas de entre o 25 e o 30%

No eido das infraestruturas fomentarase o acondicionamento de fiestras, cubertas e fachadas con axudas de entre o 25 e o 30% | Foto: Conchi Paz

Fecha: 06 de Marzo de 2015

Fuente: Xunta de Galicia

  • Promoverase a instalación de equipos de xeotermia, solar térmica e aerotermia no rural, cuxos beneficiarios, como sucede coas caldeiras de biomasa, poderán solicitar ademais a dedución do 5% na súa declaración da renda
  • Asevera que con esta iniciativa, sumada ás axudas para instalacións de caldeiras de biomasa, estase a destinar un total de 16,5 millóns ao aforro enerxético, que permitirá mobilizar 37 millóns e xerar, ademais, un aforro económico global de 8 millóns nos fogares, nas empresas e na administración pública

 

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a aprobación no Consello do Plan de aforro enerxético nas vivendas galegas, que mobilizará ao longo deste ano 13,5 millóns a través de distintos programas de actuación para mellorar as infraestruturas cara a construcións máis eficientes, e para fomentar o emprego de fontes de enerxía renovables.

Para acadar estas metas, Feijóo salientou que no eido relativo á mellora das infraestruturas fomentarase tres aspectos: primeiro, o acondicionamento de fiestras, cubertas e fachadas con axudas de entre o 25 e o 30%. E, neste sentido, xunto a unha nova orde de axudas para a rehabilitación de ventás, avanzou que o plan inclúe unha nova edición do Renove de lousa, granito e tella co obxectivo de fomentar a renovación de cubertas.

Como segundo punto, o titular do Goberno galego referiuse á renovación de ascensores, facilitando a renovación total ou parcial de ascensores pertencentes a comunidades de propietarios, con axudas de ata o 50% do custo do proxecto.

Sobre a instalación de caldeiras máis eficientes, Feijóo aseverou que esta iniciativa vai dirixida especificamente ao ámbito rural. O plan, dixo, promoverá a instalación de equipos de xeotermia, solar térmica e aerotermia no rural galego, cuxos beneficiarios, como sucede coas caldeiras de biomasa, poderán solicitar ademais a dedución do 5% na súa declaración da renda, establecida polo Goberno galego para fomentar a instalación deste tipo de equipos que empregan fontes renovables.

Nesta mesma liña, o presidente da Xunta afirmou que se activará o plan específico para a implantación de equipos de xeotermia, permitindo impulsar instalacións que xeran aforros económicos de ata o 70%. Non en van, e segundo os técnicos do Inega, un equipo de xeotermia diminúe en máis de 700 euros o gasto en combustible nunha economía familiar con respecto ao gasóleo, cifra que se sitúa en torno a uns 12.000 euros para unha comunidade de propietarios.

Logo de precisar que para fomentar esta enerxía, contémplanse axudas do 30% (cun máximo de 50.000 euros), Feijóo referiuse tamén a unha orde específica para a instalación de equipamentos térmicos de solar térmica e aerotermia, con axudas de arredor do 30% (ata un máximo de 20.000 euros).

Feijóo aseverou que co Plan de aforro e eficiencia enerxética en vivendas sumado á orde de axudas para instalacións de caldeiras de biomasa, estase a destinar un total de 16,5 millóns ao aforro enerxético, que permitirá mobilizar 37 millóns e xerar, ademais, un aforro económico global de 8 millóns nos fogares, nas empresas e na administración pública.

“En definitiva, un investimento que permite menos custes enerxéticos para os galegos, máis oportunidades para o sector das enerxías renovables e menos contaminación para o medio ambiente”, concluíu.

Neste mesmo eido, o presidente da Xunta resaltou que hoxe mesmo se activa o novo período de solicitude do tícket eléctrico social, con axudas anuais de 180 euros para as familias con dous o máis fillos e de 300 euros no caso das familias numerosas -e compatible coa Risga-. “E hoxe, tamén, ampliamos 2,6 millóns de euros ás subvencións para a instalación de caldeiras de biomasa”, engadiu.

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones