Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

"Feminismo para avanzar" Palestra organizada polo grupo de Acción Feminista do Baixo Miño e o Concello de Tomiño

Este mércores dia 8, ás 20:30 na Casa da Cultura de Tomiño

Este mércores dia 8, ás 20:30 na Casa da Cultura de Tomiño

Fecha: 08 de Marzo de 2017

Fuente: Acción Feminista do Baixo Miño

Hai xa máis de cen anos que o movemento feminsita estendeu o 8 de marzo como unha data internacional e referencial na loita pola igualdade de dereitos das mulleres.

Celebramos e reivindicamos a loita incansábel de moitas mulleres e colectivos de mulleres de todo o mundo que ten contribuído a conquistar dereitos colectivos e traballamos para que todos os dias sexan 8 de marzo.
 



Así a todo en pleno 2017 o sistema capitalista no que vivimos segue abrindo fendas entre as clases sociais,e, segue artellando unha división sexual da sociedade e do traballo que nos perxudica tanto coma antes.As mulleres galegas temos que afrontar a dupla e tripla xornada, adicar horas infinitas ás tarefas do fogar e dos coidados de persoas dependentes. Pero tamén a economía somerxida; o teito de cristal; o acoso sexual; a normalidade coa que se asumen as mortes por mor da violencia machista; a discriminación pola nosa orientación sexual ou a falta de cobertura das prestacións por mor da temporalidade dos contratos que se lle fan ás mulleres, a situación de desvantaxe histórica que sufrimos; cobrarmos menos salarios ca os homes; e da persecución por exercermos o noso dereito a compatibilizar traballo e vida persoal e familia.

O oito de marzo cómpre insitir en combater todas as desigualdades en materia económica , a dificultade para acceder a postos de responsabilidade en igualdade de condicións, isto e outras cuestións van ser debatidas este mércores dia oito nunha palestra pública aberta na que intervirán Came Adán (foi nomeada Secretaria Xeral da Igualdade da Vicepresidencia da Igualdade da Xunta de Galicia), Teresa Porrit (traballadora da administración pública e foi presidenta da ascociación Mulleres en Acción),e, Ernudina Benítez (avogada).

O acto organizado polo Grupo de Acción Feminista do Baixo Miño en colaboración co Concello de Tomiño terá lugar este mércores dia 8, ás 20:30 na Casa da Cultura de Tomiño, que rematará nun coloquio aberto para tod@s @s veciñ@s da comarca.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones