Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Fin de semana cultural en Tomiño con teatro para adultos e espectáculo visual para todo público

-Loló e mamá-, de De Ste Xeito Producións chega ao Auditorio de Goián o sábado, e -Nómades-, de Xarope Tulú, o domingo

-Loló e mamá-, de De Ste Xeito Producións chega ao Auditorio de Goián o sábado, e -Nómades-, de Xarope Tulú, o domingo

Fecha: 16 de Noviembre de 2019

Fuente: Concello de Tomiño

Dúas propostas culturais definirán a vindeira fin de semana en Tomiño. Teatro para adultos, con "Loló e mamá", de De Ste Xeito Producións, o sábado ás 22.00h, e "Nómades", de Xarope Tulú, o domingo ás 17.00, ambas no Auditorio Municipal de Goián, son as dúas actividades que organiza a Concellería de Cultura dentro da súa Axenda de Outono.

"Loló e mamá", de De Ste Xeito Producións é unha obra de teatro escrita por Esther F. Carrodeguas, que relata a historia de Margot, nai de Loló, que queda sen emprego e decide vivir na casa da súa filla, cruzando o océano. O que parecía unha idea xenial que axudaría a xuntar a unha familia desestruturada, axiña muda en desastre. Como acolle unha filla a volta da súa nai? Quen é a nai e quen a filla cando esta última ofrece casa e sustento? Canto tempo pode pasar até que esta bomba de reloxería estoupe definitivamente? Loló e Mamá fai ver, grazas a un humor fino e acedo, que o amor é unha arma de dobre fío. Un retrato cáustico e ben interpretado sobre o egoísmo imposto pola sociedade moderna, o debilitamento das redes familiares e a ambigüidade dos afectos.


"Nómades", de Xarope Tulú, chegará o domingo ás 17.00h. O espectáculo, que mestura movemento, imaxes, música e palabras para crear paisaxes singulares, está pensado para todo público. Trátase dunha proposta en base a teatro e danza para público infantil, recomendado para nenos e nenas de entre 6 e 12 años.

"Tres corpos de costas, dúas xaboeiras, unha chepa e ocos; moitos ocos. Como definir un corpo? A través dos paseos en bicicleta, ou polas bágoas provocadas logo dunha caída, ou polos sucos nas pernas ou se cadra pola capacidade de axustarse ó molde da saia, ou do pantalón...?". Con estas palabras, os realizadores tentan definir a obra. "Habitamos a beleza do diverso, esa beleza que dá cor a outros corpos e facilita a aparición de novas tonalidades, texturas e maneiras de vivir, onde non existe un corpo equivocado, onde é posible imaxinar ás persoas en abstracto", explican.


Os intérpretes Mara Roja, Diego Martínez y Atenea García actúan baixo a dirección de Gena Baamonde.


O valor da entrada para estes espectáculos é de 3 euros por persoa en cada un deles, pudendo no do domingo pagar 2 euros, as persoas menores de 14 anos. A venda farase, coma de costume, en taquilla, dende unha hora antes do comezo da función.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones