Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

FIN DE SEMANA DE FESTA, ARTESANÍA, COMERCIO, GASTRONOMÍA E CULTURA EN TOMIÑO COA II FESTA DE ASOCIACIÓNS

Organizada por Adeto en colaboración co Concello e as asociacións, ofrecerá feira de oportunidades, exposicións de pintura e escultura, xogos, mallada de trigo e diversas actuacións musicais, coma o XXI Festival de Folclore Internacional

Organizada por Adeto en colaboración co Concello e as asociacións, ofrecerá feira de oportunidades, exposicións de pintura e escultura, xogos, mallada de trigo e diversas actuacións musicais, coma o XXI Festival de Folclore Internacional

Fecha: 12 de Julio de 2014

Fuente: www.concellotomino.com

A Asociación de Comerciantes de Tomiño (ADETO) organiza coa colaboración co Concello de Tomiño, Asociacións de Tomiño, Deputación e Xunta de Galicia, a II FESTA DE ASOCIACIÓNS DE TOMIÑO,  que se celebrará esta fin de semana (sábado 12  e domingo 13 de xullo), nas rúas do centro urbano.

 

O evento foi presentado onte no Concello de Tomiño, coa presenza da alcaldesa, Sandra González, e a concelleira de Cultura e Deportes de Tomiño, Cristina Martínez, e en representación de ADETO, Manuel P. Riveiro e David Vila (presidente e secretario, respectivamente).

 

Segundo explicaron, o programa foi confeccionado coa intención de chegar ao maior número de persoas, de todas as idades, polo que o abano de actividades é amplio e diverso, incluindo eventos lúdicos, culturais, gastronómicos e deportivos de distinta índole. "Tratase de amosar o inmenso traballo que fan as asociacións do municipio durante todo o ano, co fin de enriquecer a vida social, cultural e comecial da vila", explicou Riveiro.

Tras o éxito da primeira edición, os empresarios queren consolidar esta festa, dinamizando así a vida comercial, cultural e lúdica da vila.

 

Tanto Sandra González, coma Cristina Martínez reiteraron o compromiso do Concello coas asociacións culturais, veciñais e Adeto, para fomentar a dinamización do comercio e da cultura en Tomiño, así coma promover o asociacionismo entre as entidades e pesoas que traballan polo concello.

 

Máis de 40 postos con produtos de alimentación, artesanía, regalos, etc. concentrarase nas rúas máis céntricas e Praza do Seixo ao longo de toda a fin de semana.

A Carreira Popular do sábado, con saída e meta na Praza da Mina, conta xa con máis de 300 persoas inscritas, de diferentes idades.

 

Coma novidade, Festa A Esgalla instalará na rúa Colón, a carón do Concello, unha tirolina de seis metros de altura e máis de 50 de percorrido (custe da viaxe 1 euro, conxeable en calquera dos postos).

 

Entre as actividades incluídas no programa, destacan as seguintes (xúntase programa completo máis abaixo):

  • Feira de Oportunidades e Artesanía
  • Exposición das Asociacións de Tomiño
  • Exposición de Pintura e Escultura do Baixo Miño
  • Inchables e Tirolina
  • Actuacións de diferentes treboadas polas rúas
  • Mallada de Trigo
  • O sábado 12 ás 18.00 Carreira Popular, con varias categorías
  • XXI Festival de Folclore Internacional Grupo Virxe do Alivio
  • Animación e Photocall con "PEPPA PIG"
  • "Deporte na rúa"
  • Actuación do grupo "Farfalla Títeres
  • Actuación dos grupos "Bailas Moza?" e "Fantasía"

 

 

PROGRAMA COMPLETO

SÁBADO 12 E DOMINGO 13 DE XULLO

De 10:00 a 22:00 h

 

Feira de Oportunidades e Artesanía                

Exposición das Asociacións de Tomiño

Exposición de Pintura e Escultura do Baixo Miño

Mostra de dibuxo e pintura da "Escola O Pincel Do Cereixo"

Exposición fotográfica de Tomiño e as súas parroquias (información turística)

Inchables e Tirolina

Actuacións de diferentes treboadas polas rúas:

o    Treboada do Baixo Miño

o    Brisas de Tomiño

o    Treboada Fonte do Frade

o    Treboeiros de Muimenta

o    Treboada de Pinzás

o    Grupo de Gaitas de Pinzás

 

De 11 a 13 h

Obradoiros organizados por Ludoteca Xoaniñas

 

Ás 12 h

"Mallada de Trigo", a cargo da Treboada Baixo Miño, na rúa nova

 

De 17:30 a 19:30 h

Obradoiros organizados por Ludoteca Xoaniñas

 

Ás 18 h.

II Carreira Popular, con varias categorías, (saída e meta na Praza da Mina)

 

Ás 21.30h

XXI Festival de Folclore Internacional, organizado polo grupo Virxen do Alivio, coas seguintes actuacións:

  • Asociación Cultural Tangaraño (Mos)
  • Rancho Ent. De Danças e Cantares da Barra Cheia (Moita - Portugal)
  • Esc. De Gaitas e Percusións Agarimos (Torneiros)
  • Esc. De Danzas e Gaitas Virxe do Alivio (Tomiño)

 

 

DOMINGO 13 DE XULLO:

 

De 11 a 13 h

Obradoiros organizados por Ludoteca Xoaniñas

 

As 11 h

Desfile de Treboadas organizado pola Asociación Os Terribles de Tomiño.

 

De 11 a 20 h

"Deporte na rúa", a cargo de Deportes y Eventos Deventos, con distintas actividades deportivas

 

Ás 12 h

Animación e Photocall con "PEPPA PIG"

 

De 17:30 a 19:30 h

Obradoiros organizados por Ludoteca Xoaniñas

 

Ás 19.30 h

Actuación do grupo "Farfalla Títeres".

 

Ás 20:30 h

Actuación dos grupos "Bailas Moza?" e "Fantasía"

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones