Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Fin de semana solidario en Tomiño

Actividades solidarias na Praza do Seixo nun ambiente lúdico.

Actividades solidarias na Praza do Seixo nun ambiente lúdico.

Fecha: 30 de Septiembre de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

Este sábado 30 de setembro dase cita o mundo do motor a partir das 16h na Praza do Seixo de Tomiño nun encontro solidario co ex copiloto Germán Bello.

O ex copiloto está a atravesar unha situación familiar extremadamente difícil trala complicación na saúde da súa filla despois dun gravísimo erro médico, motivo que lle forzou á desvinculación do mondo do motor. Neste acto solidario preténdese recaudar fondos para apoiar a recuperación da súa filla.

Dita quedada contará cunha Exposición de coches de competición, un Simulador de Rally, Charla- coloquio (sobre as 18h) e a Subasta de Merchandising de material diverso doado por diferentes pilotos e aficionados ao Rally.

A iniciativa está organizada por Info Rally Motor e o Concello de Tomiño en colaboración con numerosas entidades tomiñesas.

O domingo 1 de outubro a solidariedade continúa na praza do Seixo cunha xornada de Perruquería na Rúa na que 30 barbeiros e barbeiras prestarán de xeito altruísta distintos servizos de perruquería, cun custo para o público de 6€. A recaudación resultante destinaráse á Asociación de persoas con discapacidade VONTADE, que ten a súa sede e as súas instalacións en Tomiño.

Os devanditos fondos empregaránse no apoio ao desenvolvemento dunha mellor integración de persoas con discapacidade na sociedade, e ao apoio ás súas familias.

Espazo VIP peluquer@s é a entidade que organiza e promove esta iniciativa social, no que se dan cita máis de 30 perruqueiros, perruqueiras, barbeiros e barbeiras de prestixio chegados de diferentes cidades (Madrid, Oviedo, A Coruña, Valladolid, Gijón, Benavente, etc) ofrecendo a todos os públicos variados servizos como cortes de pelo, peiteados, arranxo de barba, afeitado, etc.

A Asociación de persoas con discapacidade VONTADE e o Concello de Tomiño colaboran nesta iniciativa, e a valoran como moi positiva xa que é un xeito novedoso de salientar e por en valor o papel que cumpren as entidades sen animo de lucro como VONTADE e a importancia social da súa actividade, á vez que se xera un espazo no que a poboación pode participar dun xeito doado e divertido.

Ambas iniciativas foron presentadas no Salón de Plenos do Concello coa presencia da Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, o Director de Vontade, Miguel Pazos, a responsable de Espazo VIP, Anahíl González, e diversos membros da organización de InfoRallyMotor.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones