Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Formación artística entre o alumnado no Orzamento Participativo

Presentou o proxecto da man da Escola Superior Gallaecia na categoría de Educación e Cultura. As votacións permanecerán abertas ata o 20 de febreiro

Presentou o proxecto da man da Escola Superior Gallaecia na categoría de Educación e Cultura. As votacións permanecerán abertas ata o 20 de febreiro

Fecha: 13 de Febrero de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

Continúa aberto o prazo de inscrición para escoller as actividades que se desenvolverán ao longo de 2018 de forma conxunta entre Tomiño e Cerveira ao abeiro do Orzamento Participativo Transfronteirizo, unha iniciativa pioneira na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal incluída na Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Amizade Tomiño-Cerveira, proxecto cofinanciado ao 75% polo programa INTERREG VA POCTEP, fondos FEDER da Unión Europea.

Nesta segunda edición a Mesa de Anpas dos centros educativos de Tomiño presentaron por primeira vez un proxecto para "ofertar formación e dinamización no ámbito artístico, tan escaso no currículo escolar". Aínda que a idea xa levaba tempo xermolando, nesta ocasión daríase coa colaboración da Escola Superior Gallaecia, outro dos parceiros da iniciativa.  

O obxectivo é proporcionar a alumnado de primaria e secundaria unha introdución á formación artística "mediante espazos para a experimentación e demostración artísticas, novos coñecementos das artes plásticas e da arquitectura" ao tempo que se daría "unha oportunidade para a convivencia da poboación escolar dos dous lados da raia mediante un traballo artístico conxunto", salientan.

A proposta recolle a realización de dúas a catro actividades para os e as estudantes de secundaria e de tres a seis obradoiros para os rapaces e rapazas de primaria, en función da demanda, todas relacionadas co ámbito das artes plásticas e dixitais e da arquitectura. deporte nunha contorna única. Para a Mesa de Anpas dos centros educativos de Tomiño o Orzamento Participativo Transfronteirizo abre a porta a futuras colaboracións con centros portugueses e "unha posibilidade á hora de valorar sacar adiante novos proxectos".

Votación

Ata o vindeiro 20 de febreiro todos aqueles veciños e veciñas de Tomiño e Cerveira que aparezan rexistrados no censo electoral poderán exercer o seu dereito a voto para esta segunda edición do Orzamento Participativo Transfronteirizo. Soamente é necesario entrar na páxina web www.participacerveiratomino.eu e rexistrarse con nome, apelidos e número de DNI, premer en ‘Participa', seleccionar un proxecto por cada categoría e votar. Deberá sinalar ademais se está empadroado en Tomiño ou Cerveira e engadir un enderezo electrónico. A participación é validada tras o cruzamento da información persoal do rexistro cos datos do centro electoral, co fin de que o proceso sexa o máis transparente e seguro posible.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones