Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Fortalecer a memoria, manter o corpo saudable e reforzar as habilidades sociais, -deberes- dos maiores tomiñeses

O Concello organiza o programa coa colaboración de Vontade, COGAMI e gabinetes pedagóxicos

O Concello organiza o programa coa colaboración de Vontade, COGAMI e gabinetes pedagóxicos

Etiquetas del contenido

Fecha: 18 de Junio de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

O programa de maiores da Concellaría de Servizos Sociais do Concello de Tomiño, que dirixe Cristina Martínez, organiza unha serie de actividades, totalmente gratuítas, co obxectivo de promover o envellecemento activo da poboación.

Tres grandes liñas de traballo forman parte do programa levado adiante polo Concello coa colaboración das entidades para persoas con discapacidade Vontade e COGAMI e gabinetes pedagóxicos, e que permiten ás persoas de idade avanzada a manter áxil as áreas cognitiva, física e social.

O obradoiro "Activa a túa mente", ten coma finalidade estimular e manter as capacidades mentais e retardar o avance de enfermidades neuro dexenerativas. "Tratamos de mellorar as capacidades cognitivas dos usuarios co fin de mellorar a súa calidade de vida", explica Bibiana Álvarez, psico- pedagoga encargada.


Por outra banda, estes talleres funcionan coma un espazo de ocio e distracción "no que se fomenta a relación interpersoal e o traballo en equipo, logrando reducir os niveis de ansiedade e depresión".


Actividades relacionadas coa linguaxe, exercicios de vocabulario, frases e refráns, lectura, etc., intercálanse coa resolución de problemas da vida diaria, xogos de cálculo mental, sudokus, tarefas para exercitar a atención, a concentración, a memoria, a planificación, etc.


A metodoloxía que se emprega tenta ser o máis dinámica posible, buscando a participación e a integración de todos os asistentes.


"Dende o comezo da actividade, a melloría que se notou nos usuarios do taller é asombrosa, tanto no seu nivel cognitivo persoal coma na integración grupal que se alcanzou", asegura Bibiana Álvarez.


Por outra banda, os maiores realizan diferentes exercicios de "movemento terapéutico". A idade e patoloxías dos participantes non é un problema, xa que o nivel de esforzo está regulado e adaptado ás capacidades de cada quen.


Movemento das articulacións, exercizos de coordinación, psicomotricidade , reforzo da musculatura, axilidade, equilibrio, e forza son outras actividades físicas que tamén se realizan dentro do programa municipal.


Por último, dentro da denominada "educación non formal", desenvólvense actividades para fomentar a integración e participación social, proporcionando recursos e estratexias que permitan un desenvolvemento individual equilibrado. Con este fin, organízanse obradoiros manipulativos (masa de sal, flores de papel reciclado) xogos populares, pasatempos, roteiros e saídas; visitas culturais, actividades puntuais en datas sinaladas (Letras Galegas, Día da Muller Traballadora), encontros interxeracionais, etc. Esta terceira área está a cargo de Marta Moure, educadora social de COGAMI.


Outros talleres que se están levando a cabo con carácter experimental, son musicoterapia, bailoterapia, risoterapia (Venres Saudables), impartidos pola psicóloga Mercedes Rodríguez de COGAMI.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí