Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Francesco Tonucci convida a nenos e nenas de Tomiño a opinar sobre a cidade que queren

A visita enmarcouse dentro dun programa de actividades elaborado pola Deputación de Pontevedra, con Tonucci coma referencia.

A visita enmarcouse dentro dun programa de actividades elaborado pola Deputación de Pontevedra, con Tonucci coma referencia.

Fecha: 27 de Abril de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

O acto comezou sobre a unha da tarde (13.00h), coa chegada do alumnado ao salón de plenos, o que, a partir de agora, servirá tamén coma sala de usos múltiples, na que se celebrarán diferentes actos de carácter cultural, social, etc.

Francesco Tonucci, recoñecido psicopedagogo italiano, autor do libro "A cidade dos nenos", visitou hoxe Tomiño para inaugurar oficialmente as obras de reforma levadas a cabo no Salón de Plenos. Rodeado por máis dun centenar de alumnos e alumnas de Primaria e Secundaria dos centros tomiñeses, o pedagogo estivo en todo momento acompañado pola presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, o deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, alcaldes da comarca e arredores, e outras autoridades.

O acto comezou sobre a unha da tarde (13.00h), coa chegada do alumnado ao salón de plenos, que a partir de agora, servirá tamén coma sala de usos múltiples, na que se celebrarán diferentes actos de carácter cultural, social, etc.
Tras a recepción das autoridades a Francesco Tonucci, na entrada principal do Concello, a comitiva dirixiuse ao novo salón de plenos, onde lles agardaban os estudantes.

Tras as intervencións da presidenta da Deputación e da alcaldesa, aqueles deron lectura ao discurso de benvida, elaborado previamente por eles; discurso ao que respondeu o propio Tonucci, antes de ser convidado a descubrir unha placa conmemorativa. Os pequenos agradeceron a presenza do autor de "Frato" en Tomiño e felicitárono pola súa labor a prol dos nenos e nenas para facer das cidades, lugares máis tranquilos e sen perigos, onde poder xogar.
Tonucci, pola súa banda, pediulles que se atrevan sempre a dicir o que pensan, e citou como base deste dereito o artigo 12 da Convención dos Dereitos da Infancia (ONU 1989).
Por outra parte, Sandra González, pediu a axuda de nenos e nenas para construír un lugar mellor para vivir e xogar, mentres que Carmela Silva, afirmou sentirse orgullosa de ser convidada á inauguración dun salón de plenos; "lugar onde vive e se fai forte a democracia".

Pechou a homenaxe a Agrupación de música e danza "Virxe do Alivio", coa interpretación do Himno Galego. Por último, o convidado de honra, foi convidado a visitar o Concello e asinou exemplares de "A cidade dos nenos", na Alcaldía.

A visita enmarcouse dentro dun programa de actividades elaborado pola Deputación de Pontevedra, con Tonucci coma referencia.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones