Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

GALICIA CONTA CUN 4% MÁIS DE FONDOS FEADER NO PERÍODO 2014-2020 QUE NO INICIO DO PROGRAMA ANTERIOR (2007-2013)

Rosa Quintana explicou que de 856 millóns de euros pasamos a 889,9, feito importante en tempos de restrición orzamentaria

Insistiu tamén en que na nosa Comunidade houbo un amplo proceso participativo para impulsar este programa, con múltiples xuntanzas con axentes do rural

Fecha: 12 de Febrero de 2015

Fuente: Xunta de Galicia

Para o período 2014-2020 Galicia conta con máis millóns de euros do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) que ao inicio do programa anterior (2007-2013), xa que de 856 millóns pasamos a 889,9, o que supón un aumento dun 4% en tempos de restrición. Así o explicou no Parlamento a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, en resposta a unha interpelación sobre este tema.

Rosa Quintana sinalou que neste caso negociouse ben no contexto estatal, xa que no gasto FEADER por habitante Galicia é a quinta comunidade autónoma que máis fondos recibe, con 323,9 euros por habitante, e supera nun 86% a media de España, situada en 173,7 euros/habitante.

A titular do Medio Rural e do Mar insistiu tamén en que na nosa Comunidade houbo un amplo proceso participativo para impulsar este programa, con múltiples xuntanzas con axentes do rural e dúas específicas con todos os interesados, celebradas os días 2 e 18 de xullo de 2014, ás que cómpre engadir a de lanzamento da consulta xa o 7 de novembro de 2013.

Como proba de que o proceso de participación funcionou, a conselleira lembrou que houbo alegacións de 9 axentes do rural, das que se recolleron boa parte das propostas, para un programa que –matizou– non é un instrumento de planificación das políticas para o rural, senón un complemento dos demais instrumentos da PAC e das liñas que tamén establece o Goberno da Xunta e o do Estado.

Por outra banda, Rosa Quintana subliñou que “non diminuímos o apoio á liña de incorporación de mozos á actividade agraria, xa que a cantidade de FEADER que destinamos medra de 46,3 millóns de euros a 50,1 millóns, o que supón un incremento do 8,2% con respecto ao período anterior”. Engadiu que se potenciarán as axudas xa existentes para a reforma de vivenda habitual ou compra de gando, con certas novidades como poden ser o incremento do importe da prima de incorporación respecto ao anterior período. Tamén se realizarán pagos en dous prazos desde que se instale o mozo para dotarlle de liquidez dende o primeiro momento, ou que se considerarán novos gastos elixibles como os pagos da cotización da Seguridade Social.

A conselleira desbotou, por outra parte, introducir neste PDR un subprograma temático para a montaña, xa que isto está pensado para cando non se contemplan medidas para atender estas necesidades, o cal non é o caso de Galicia, que para as zonas de montaña asigna un amplo número de medidas e cunha dotación importante, explicou.

Rosa Quintana sinalou ademais que se mantén o apoio á transferencia de coñecementos e actividades de formación e o investimento de FEADER nesta medida é de 8,5 millóns de euros, fronte aos 8,4 millóns do anterior período.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones