Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Galicia encabeza en xullo o crecemento turístico de España, con máis de 675.000 viaxeiros e 1,7 millóns de pernoitas

Os datos do INE difundidos hoxe constatan un crecemento en todas as tipoloxías de aloxamento: turismo rural, cámpings e apartamentos turísticos

Os datos do INE difundidos hoxe constatan un crecemento en todas as tipoloxías de aloxamento: turismo rural, cámpings e apartamentos turísticos

Fecha: 31 de Agosto de 2019

Fuente: Xunta de Galicia

Galicia continúa a situarse, tamén en verán, entre as comunidades nas que o turismo está a medrar de xeito máis intenso este ano. De feito, no mes de xullo foi a segunda, tras Asturias, con mellor comportamento, superando nun 7% o volume de noites nos establecementos regrados ao ano pasado.

O Instituto Nacional de Estatística (INE) fixo hoxe públicos os datos referidos aos establecementos extrahoteleiros, que inclúen turismo rural, cámpings e apartamentos turísticos, que se suman aos de hoteis e pensións difundidos a semana pasada. Así, nese mes, estes establecementos recibiron no seu conxunto máis de 675.000 viaxeiros, un 6,7% máis que no mesmo mes do ano pasado, que fixeron máis de 1,7 millóns de noites. Son preto de 43.000 viaxeiros máis que hai un ano e preto de 118.000 noites máis.

A evolución foi positiva en todas as modalidades de aloxamento, cun incremento da demanda dun 7,2% en segmentos como o turismo rural, que recibiu máis de 29.000 viaxeiros que fixeron máis de 65.000 noites. Pola súa banda, máis de 75.000 turistas escolleron en xullo os cámpings galegos, rexistrándose máis de 319.000 noites, o que supón un incremento do 5,6%. Pola súa banda, nos apartamentos turísticos aloxáronse preto de 24.000 viaxeiros, que fixeron máis de 111.000 noites, cun incremento do 21%.

En xullo houbo máis viaxeiros, tanto españois como estranxeiros, sendo o crecemento máis intenso nestes últimos, con preto do 11% máis que en xullo do ano pasado. A estadía media tamén medrou, en concreto preto dun punto porcentual, acumulando así catro anos consecutivos de mellora da estadía media regrada en Galicia no primeiro mes do verán.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones