Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

GALICIA PECHA O MES DE DECEMBRO CUN TOTAL DE 251.918 PERSOAS EN SITUACIÓN DE DESEMPREGO

É o mellor comportamento interanual dun mes de decembro de toda a serie histórica, isto é, desde 1996

En canto á evolución mensual, subliñou que o dato rexistrado en decembro foi negativo

Fecha: 07 de Enero de 2015

Fuente: www.xunta.es


Galicia rexistrou no mes de decembro un total de 251.918 persoas desempregadas, o que supón un incremento do 1,32% (+3.286). No que se refire a evolución anual –de xaneiro a decembro- o desemprego baixou en Galicia en 29.159 persoas, o que a converte na terceira comunidade autónoma na que máis descendeu o paro rexistrado en termos relativos.

En canto á evolución interanual -de decembro a decembro-, esta rexistrou unha baixada do 7,06% (-19.145). Trátase, polo tanto, da décimo cuarta baixada interanual consecutiva, o que supón que “estes descensos xa se levan rexistrando de forma continuada durante máis dun ano”.

A directora xeral de Formación e Emprego, Ana María Díaz, considerou o dato do aumento do paro no mes de decembro como “negativo”, e lembrou que é un mes onde habitualmente se rexistran incrementos do desemprego.

Grazas a esta evolución, Galicia rematou o 2014 con niveis de paro inferiores aos que se rexistraron en 2013, en 2012 e en 2011. “Volvemos ás cifras de hai tres anos”, subliñou a responsable autonómica. Cabe destacar, ademais, que en termos intermensuais trátase do mellor comportamento dun mes de decembro de toda a serie histórica (desde 1996) en termos relativos.

En España, o desemprego descendeu en 64.405 persoas, un 1,43 por cento, ata situarse nos 4.447.711. En termos interanuais, o paro en España baixou nun 5,39%. Deste xeito, Galicia sitúase por riba da media estatal a nivel interanual.

Por sectores, o incremento do paro concéntrase nos sectores da construción (+2.372) e da industria (+1.497). A continuación sitúase a agricultura e a pesca (+460). Pola contra, o paro baixa no sector servizos (-515) e no colectivo sen emprego anterior (-528).

Por provincias, o desemprego subiu en todas elas. O principal incremento detectouse na Coruña (+1.715); seguida por Pontevedra (+1.247); Lugo (+261); e Ourense (+63).

Na evolución dos contratos, este mes rexistráronse un total de 59.094 contratos, 1.763 máis que no mes anterior. Deste total, 4.444 foron indefinidos (7,52%), e 54.650 temporais (92,48%). No eido dos contratos, tamén se rexistra unha interanual positiva do 12%.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí