Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Galicia pecha setembro cunha baixada do paro do 9,92% con respecto a 2015 acadando preto de 3 anos de descensos consecutivos

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, salientou que a Comunidade remata setembro con 21.401 desempregados menos que hai un ano e que presenta un comportamento mellor que a media do Estado

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, salientou que a Comunidade remata setembro con 21.401 desempregados menos que hai un ano e que presenta un comportamento mellor que a media do Estado

Fecha: 05 de Octubre de 2016

Fuente: Xunta de Galicia

Galicia pechou o mes de setembro cun total de 194.336 persoas desempregadas, o que supón que o paro baixa con respecto a hai un ano nun -9,92%. É dicir, Galicia conta hoxe con 21.401 desempregados menos que en 2015, o que supón xa preto de 3 anos de baixadas consecutivas.

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, valorou hoxe os datos destacando que é a maior caída interanual producida nun mes de setembro de toda a serie histórica (desde 1996) e sinalando que con respecto a hai un ano descende nas principais variables: nas catro provincias, as 7 grandes cidades, todos os sectores, tramos de idade e tanto en homes como en mulleres. Con respecto á comparativa co Estado, a Comunidade presenta un comportamento mellor que a media, situándose 0,79 puntos por enriba (na media estatal baixa nun -9,13% fronte ao -9,92% de Galicia).

En canto ás provincias, detallou que a de Ourense lidera a baixada con respecto a setembro de 2015 (-10,45%), seguida de Pontevedra (-10,36%), Lugo (-10%) e A Coruña (-9,31%) e sobre os sectores de actividade, apuntou que o desemprego diminuíu en todos eles, liderando o descenso con respecto a hai un ano a construción nun -17,39%, seguido da industria cun -12,76%. Toca, ademais, salientou que o número de persoas sen emprego acadou un descenso do -16,31% entre os menores de 30 anos con respecto ao ano pasado e do -5,90% entre os maiores de 44.

A secretaria xeral de Emprego valorou, así mesmo, os datos das afiliacións á Seguridade Social destacando que o crecemento estase a consolidar, xa que aumentan con respecto a hai un ano nun 1,61% sendo xa 30 as subidas consecutivas, desde abril de 2014.

Con respecto ao mes pasado, o paro rexistrado subiu nun 0,67% concentrándose o incremento fundamentalmente nos sector servizos. Toca explicou ao respecto que as subidas do paro no mes de setembro se producen de xeito habitual resaltando que o aumento producido este mes con respecto a agosto é, sen embargo, o segundo menor desde o inicio da crise. O incremento é similar ao rexistrado no Estado.

Por último, a secretaria xeral de Emprego apuntou que Galicia continúa coa "tendencia positiva" e que, polo tanto, a Xunta seguirá traballando para afianzar esta evolución e "seguir creando emprego estable e de calidade". "Estamos no camiño da recuperación económica e seguimos tendo menos paro que cando este Goberno tivo que facer fronte á crise económica e a dúas recesións consecutivas", rematou.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones