Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Galicia reduce ata o 8,8% o abandono escolar e adiántase sete anos ao obxectivo do 9% fixado pola UE para o ano 2030

A Xunta agradece o traballo e a implicación do conxunto do profesorado galego e dos equipos directivos como un piar fundamental para a consecución deste éxito

A Xunta agradece o traballo e a implicación do conxunto do profesorado galego e dos equipos directivos como un piar fundamental para a consecución deste éxito

Etiquetas del contenido

Fecha: 27 de Enero de 2024

Fuente: Xunta de Galicia

Galicia reduce ata o 8,8% o taxa de abandono educativo temperá correspondente ao ano 2023 e adiántase sete anos ao cumprimento do obxectivo do 9% fixado pola Unión Europea para o ano 2030. Así o confirman os datos do Instituto Galego de Estatística, á falta de coñecer as cifras comparativas con España e co resto das comunidades autónomas.

 

Desde o ano 2009 (no que se rexistrou un 25,8), o abandono temperá en Galicia reduciuse en 17 puntos, ao abeiro de programas de mellora impulsados desde o Goberno galego que fan fincapé en piares fundamentais como son o reforzo das competencias académicas con especial atención a quen máis o precisa, o fomento do bo clima nas aulas, o labor de orientación a través do cal se acompaña ao alumno na elección dun itinerario formativo que o conduza ao éxito e o reforzo da FP Básica como garantía dunha saída profesional para aqueles mozos que teñen máis risco de desligarse do sistema escolar. O abandono temperá refírese ao alumnado que decide non continuar os seus estudos tras rematar a etapa de Secundaria Obrigatoria.

 

Reforzo competencial e orientación

No que atinxe ao reforzo competencial, cómpre subliñar que a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades leva anos implementando distintos plans de reforzo e atención ao alumnado nas etapas de Primaria e de ESO co fin de que, logo de concluír as etapas formativas obrigatorias, os alumnos se sintan atraídos por continuar a súa formación académica a través do Bacharelato ou da FF.

 

A este obxectivo responden accións como o Programa PROA (de Reforzo, Orientación e Apoio), o Programa Acompaña de incorporación de docentes de apoio para a atención á diversidade ou a liña Quéda-T dentro dos Contratos-Programa, a través do cal se dá apoio aos centros para que organicen medidas específicas de índole pedagóxica ou organizativa para a prevención e redución do abandono temperá, especialmente no caso do alumnado en situación de vulnerabilidade.

 

Tamén destacar o reforzo da orientación académica como unha liña de traballo na que desde os institutos se acompaña aos estudantes na elección dos itinerarios formativos que mellor encaixen coas súas inquedanzas de futuro. Neste senso, cómpre lembrar tamén a posta en marcha no curso 2021/22 da Rede de acompañamento e orientación persoal e familiar de Galicia, coñecida como RAOGAL, un programa concibido para apoiar ao alumnado máis vulnerable e que duplicou recursos nestes tes anos de funcionamento.

 

Outra das fortalezas do sistema educativo galego é a Formación Profesional como unha saída educativa de primeiro nivel para a mocidade que se veu reforzada nos últimos anos coa constante ampliación de prazas, o reforzo da oferta con titulacións máis atractivas  e a aposta pola especialización que fai que estas ensinanzas sexan a opción prioritaria para moitos alumnos.

 

Agradecemento á comunidade escolar

A Xunta recoñece o labor do conxunto da comunidade educativa neste bo resultado, especialmente no que atinxe ao esforzo e implicación do profesorado galego e dos equipos directivos dos centros. Non en balde, son quen aplican no día a día na escola todo o abano de programas e ferramentas que a Consellería pon á súa disposición.

 

Desde o departamento educativo do Goberno galego seguirase a traballar no desenvolvemento de políticas educativas que reforcen o ensino galego como un dos mellores tal e como avalan informes internacionais como PISA (onde Galicia ocupa o posto 12 a nivel internacional e o conxunto de España o 28), as estatísticas do Ministerio de Educación e mesmo informes de entidades nas que participan as organizacións sindicais.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí