Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

GALIZA NOVA CHAMA AO ESTUDANTADO DO BAIXO MIÑO A PARTICIPAR DA FOLGA ESTUDANTIL DO VINDEIRO 13 DE ABRIL -EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO GALEGO-

En Vigo está convocada unha manifestación, este mércores, ás 12:00 dende Praza de América.

En Vigo está convocada unha manifestación, este mércores, ás 12:00 dende Praza de América.

Fecha: 13 de Abril de 2016

Fuente: Galiza Nova

Galiza Nova, mocidades do BNG, desenvolveu durante as pasadas semanas no Baixo Miño unha intensa campaña para espallar a Folga do vindeiro 13 de abril convocada por Erguer, organización unitaria do estudantado galego. O Secretario Xeral de Galiza Nova, Alberte Mera, que explicitou o apoio da mocidade do BNG á folga estudantil, afirmou que "esta non é só una mobilización contra os recortes do PP no ensino galego senón que tamén nos mobilizamos para derrubar definitivamente e toda a súa totalidade a LOMCE e impedir a aplicación do decreto 3+2", que calificou de "ataque brutal contra o ensino público co que pretenden que a maioría do estudantado quede fora do ensino e pecharlle as portas da universidade". Para Mera, "mentres no se derrogue totalmente a LOMCE e o 3+2 estaremos volvendo ao modelo educativo franquista, un retroceso de 50 anos co obxectivo de volver a un ensino máis españolizado e só para ricos."

Segundo informan desde as mocidades nacionalistas, no Baixo Miño realizáronse repartos do material e xuntanzas informativas cos estudantes dos institutos da comarca, André Vidal (responsábel comarcal do Baixo Miño e membro do sindicato ERGUER) indicou que "a campaña tivo unha extraordinaria acollida entre o estudantado e recabou o apoio de outros sectores da comunidade educativa, como o profesorado ou as nais e pais, afectados tamén por estas políticas de recortes." Así mesmo, André Vidal informou da manifestación convocada por Erguer para a propia xornada de folga en Vigo o vindeiro mércores, ás 12:00 dende a Praza de América.

Desde Galiza Nova fan un chamamento á mocidade do Baixo Miño a apoiar a Folga Estudantil do 13 de arbil convocada polo estudantado galego e a acudir á concentración/manifestación porque, en palabras do Secretario Xeral da organización, "ou loitamos agora polo ensino público galego ou perderémolo para sempre, e só as elites poderán estudar."

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones