Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Goián luce xa unha renovada e actualizada Praza de Abastos

O Concello de Tomiño ten previsto sacar en breve a poxa pública a adxudicación dos catro postos de venta creados no mercado

O Concello de Tomiño ten previsto sacar en breve a poxa pública a adxudicación dos catro postos de venta creados no mercado

Fecha: 01 de Diciembre de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

Goián xa conta cunha remodelada e modernizada praza de abastos. O Concello de Tomiño vén de rematar as obras de reforma das instalacións, nas que se seguiu a mesma filosofía de remodelación seguida no mercado municipal do Seixo. Cun investimento total de 109.557,40 euros, as obras centráronse principalmente no espazo interior da praza con pequenos cambios no exterior, tanto no pórtico para darlle accesibilidade ao local como na terraza para arranxar deficiencias de desgaste.

En breve, o Concello de Tomiño ten previsto sacar a poxa pública a adxudicación dos catro postos de venta creados no interior das instalacións: unha carnizaría, unha peixaría, unha froitaría e unha floraría. Xunto con estes postos, a remodelación permitiu abrir novos ocos de paso, crear unha illa central e axeitar unha parte das instalacións a outros usos relacionados coa cultura e a cohesión social.
O obxectivo era dar unha nova vida ao mercado municipal, "reciclando o seu interior e adaptándoo ás necesidades funcionais, espaciais e sensoriais adecuadas para o tempo no que vivimos", humanizando o espazo e facéndoo atractivo tanto para os usuarios como para os comerciantes, para que vexan na praza de abastos un recinto de oportunidades.

Este proxecto supón a consolidación da aposta do goberno local polo comercio de proximidade e a concepción dos mercados coma puntos de dinamización económica e social dos núcleos urbanos. Outro dos obxectivos é conseguir facer do centro de Goián, a segunda parroquia máis poboada do municipio, un lugar de encontro e convivencia dos veciños e veciñas.

Do orzamento total empregado nas melloras, arredor de 70.000 euros foron achegados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria a través dunha axuda aprobada dentro da convocatoria ‘Espazos de Emprendemento Comercial no Rural'.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones