Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

GOIÁN RECORDA -A TOMA DA BARCA- POLOS PORTUGUESES 271 ANOS DESPOIS

O Centro goianés acolleu a un centenar de veciños e veciñas de Goián e Cerveira para conmemorar tan simbólico día.

O Centro goianés acolleu a un centenar de veciños e veciñas de Goián e Cerveira para conmemorar tan simbólico día.

Fecha: 06 de Marzo de 2015

Fuente: www.concellotomino.com

 

 

O Centro goianés acolleu na tarde de onte a simbólica celebración da Toma da antiga vila goianésa de A Barca polo exército portugués. Foi un fito histórico que ambos concellos quixeron conmemorar e no que non faltaron pinceladas de historia que Manuel Villa Troncoso e Diamantino Vale Costa se encargaron de relatar.


O evento estivo pragado de anécdotas das relacións entre ambas beiras e nas que non faltaron guiños simbólicos a unha relación de amizade que se ten achegado se cabe aínda máis no tempo.


Tras as guerras de independencia portuguesa, chegou a paz e as relacións entre ambas beiras estabilizáronse. Co paso do tempo e co establecemento dos lindes fronteirizos actuais, as relacións entre poboacións no canto de minguar se acrecentaron. As solidariedades entre ambas poboacións materializouse no contrabando que durante máis de 40 anos uniu a ambos pobos.


Hoxe Tomiño e Cerveira son dous concellos unidos pola fronteira e pola ponte de Amizade que facilita unha relación de veciñanza e cooperación que se remonta a varios séculos e que non fai máis que acrecentarse.


No símbólico acto, os goianes convidaron aos cerveirense a festexar a Toma da Barca polos portugueses. Sen dúbida, un momento curioso e que o vindeiro ano se celebrará en Cerveira.


Na tarde de onte, falouse de historia, do ano 1644 e de actualidade. O presidente da Câmara de Cerveira, Fernando Nogueira, recordounos aquel momento no que os reinos peninsulares estaban unidos por un mesmo monarca pero tamén de que hoxe a ligazón é moito máis forte, falounos da "germinaçâo" entre ambos pobos.


A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, pola súa parte, recordounos os fortes lazos que pese aos conflictos políticos de época moderna, sempre existiron entre ambas poboacións. A Alcaldesa sinalou que "as relacións entre ambas marxes son cada vez máis estreitas. Tomiño e Cerveira comparten axenda en eventos deportivos e seguimos avanzando en proxectos transfronteirizos que reafirman a nosa veciñanza".
 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones