Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Graciela Mirabete Alonso, neta do mestre e político galeguista Antón Alonso Ríos, foi recibida en Tomiño

Acompañada por varios familiares, a neta de Alonso Ríos, visitou tamén o IES de Tomiño, bautizado hai un par de anos co nome do mestre

Acompañada por varios familiares, a neta de Alonso Ríos, visitou tamén o IES de Tomiño, bautizado hai un par de anos co nome do mestre

Fecha: 18 de Noviembre de 2019

Fuente: Concello de Tomiño

"Recuerdo a mi abuelo como a un hombre increíblemente vital, justo y cariñoso; no pasaba un sólo día sin que mi madre me hablara de él". Con estas palabras definiu Graciela Mirabete Alonso, neta do mestre e político galego Antón Alonso Ríos, ao seu avó, durante a visita que realizou este mediodía ao Concello de Tomiño, sendo recibida pola alcaldesa Sandra González.

Anque esta era a cuarta vez que Graciela visita España, nunca fora recibida no Concello, polo que á emoción de ver o nome do seu avó na fachada do IES local (bautizado coma Antón Alonso Ríos hai un par de anos), sumábase hoxe a de comprobar o respecto e fonda admiración que a figura do seu avó esperta nas xentes da vila onde se desempeñou coma mestre entre 1931 e 1936.

Segundo comentou durante a recepción, na viaxe a Tomiño anterior a esta, en 1987, foi a súa nai, Oliva, filla maior de Alonso Ríos xa falecida, quen a acompañou. "No pasaba un sólo día sin que mi mamá, me hablara de mi abuelo. Ella lo adoraba y lo admiraba profundamente por los valores que más lo definían: la verdad, la justicia y la honestidad", relatou Graciela, que aproveitou para tomar contacto cunha serie de textos e material audiovisual, editados en Galicia, relacionados coa figura do seu avó.

Graciela acudiu á recepción deste mediodía acompañada pola súa prima Julia Carballo Arceu e por Carmen Tagle, filla maior do seu marido. Logo de intercambiar impresións e lembranzas e datos relacionados coa vida da familia e descendentes (na súa maioría radicados en Arxentina, país onde emigrou dúas veces Alonso Ríos), a neta do mestre e político, visitou o edificio da Aurora del Porvenir, escola de arquitectura indiana onde aquel ditara clases durante cinco anos, antes do golpe de estado de 1936 e a Guerra Civil. Alí puido falar cas mestras e alumnado do Colexio Rural Agrupado que funciona na actualidade.

A alcaldesa de Tomiño, amosou a Graciela as publicacións sobre a figura de Alonso Ríos nas que participa ou promove o Concello, e explicoulle asemade o proceso de votación popular, impulsado tamén dende o Concello, para buscarlle un nome ao IES local (e do que resultou gañador o nome do seu avó), salientando a importancia histórica, política e persoal que ten este para Galicia e para Tomiño en particular.

Antón Alonso Ríos, foi un profesor galego e líder político agrarista que emigrou (de mozo por primeira vez) a Arxentina, liderando unha parte importante da diáspora galega. Durante a República Española (1931?1936), retorna a Galicia e desempéñase coma mestre e activista político con vinculacións á causa nacionalista e ao movemento agrarista. Cando se produce o golpe de estado, ten que fuxir a consecuencia da represión fascista e logo de estar "fuxido" tres anos, logra pasar a Portugal, viaxar e refuxiarse en Bos Aires ata a súa morte, dando presenza e continuidade ao goberno galego no exilio, co Consello de Galiza.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones