Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Grandes oportunidades e novos retos do sector turístico de Pontevedra

As conclusións sinalan entre os grandes retos a coordinación entre as administracións, a desestacionalización ou o fincapé da promoción do interior da provincia

Nos produtos prioritarios do destino Rías Baixas destaca a oferta gastronómica

Fecha: 25 de Septiembre de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra vén de iniciar a presentación das conclusións da fase de concertación do Plan Estratéxico de Turismo para a provincia de Pontevedra para os anos 2017-2020. Onte tivo lugar a primeira das presentacións, no Pazo provincial, á que lle seguirá outra nova xornada a vindeira semana na cidade de Vigo. Para esta primeira fase, a institución provincial consultou aos concellos e á industria turística para coñecer a situación real do destino Rías Baixas e, unha vez postas en común todas as conclusións desta análise, establecer as bases das accións que se incluirán no documento final.

Deste xeito, o plan de concertación sinalou, nun primeiro lugar, que os e as participantes consideran que o desenvolvemento turístico da provincia se sitúa nun nivel medio, cunha puntuación de preto do 6 sobre 10 entre as entidades privadas e de preto do 6,5 entre os concellos, considerando o 56% delas e deles que o destino é altamente competitivo.

Na valoración dos aspectos xerais do destino, neste caso cunha puntuación sobre 5, os que mellor valoración acadaron foron a gastronomía (4,7), a paisaxe (4,7) e os espazos naturais (4,5). Seguíronlle os monumentos, a hospitalidade (4,1 para as dúas), o clima (4) e a animación e vida do destino (3,5). Nos relativos ao ámbito público, foron a atención (3,2), o estado das infraestruturas (3,1) maila conservación do patrimonio cultural e natural (3,1) os que acadaron unha mellor valoración, seguidos dos servizos públicos e urbanismo (3), dos horarios de atención (3), os accesos (2,9), a información turística (2,8), a accesibilidade universal aos recursos (2,7), os paneis informativos (2,6) e a sinalización (2,6). Nos que corresponden ao ámbito privado foron as ofertas de restauración (3,8) e de aloxamento (3,6) maila relación calidade-prezo (3,6) as gañadoras. Por debaixo, a infraestruturas e equipamento dos establecementos (3,3), os horarios de atención (3,1), a oferta de actividades complementarias (2,9) e a innovación do sector (2,8).

O plan de concertación do Plan Estratéxico de Turismo 2017-2020 identificou os produtos prioritarios do destino Rías Baixas nos seguintes: turismo enogastronómico, turismo de sol e praia, festas de interese turístico e grandes acontecementos, Camiño de Santiago, turismo activo e de aventura, turismo cultural, turismo de natureza, turismo rural e turismo termal.

No que se corresponde coas accións de promoción, as liñas escollidas prioritariamente polos concellos e as entidades participantes foron a promoción a través das redes sociais (14,8%) e da páxina web do destino Rías Baixas www.turismoriasbaixas.com (11%), os acordos coas empresas tour-operadoras (14,6%) así como a elaboración de apps turísticas (9%) ou os fam trips e blog trips (8%) e a elaboración de presentacións en mercados emisores (outro 8%). Por debaixo, as propostas destacadas foron os acordos coas OTAS (7,9%), as campañas publicitarias en medios convencionais (7,8%), o marketing online (7,4%), a asistencia a feiras turísticas (6,8%) e o marketing directo (4,2%).

Ademais, nas mesas de traballo, enquisas e entrevistas tamén se sinalaron os principais mercados nos que levar a cabo estas accións promocionais: Madrid (16%), a propia Galicia (12%) e o País Vasco (12%), no mercado estatal, seguidos de Cataluña (9,3%), Castela León (8,9%) e Andalucía (7,9%). O Reino Unido (16%), a Alemaña (15%), Francia (14%) e Portugal (13,7%) foron os mercados internacionais sinalados como principais, seguidos polos países nórdicos (10,1%), Países Baixos e Bélxica (9%) e os Estados Unidos (7,6%) mailo mercado asiático (6,4%).

O plan de concertación tamén avaliou as materias principais nas que se debe focalizar a formación e profesionalización do sector turístico e, malia que todas as materias se consideraron prioritarias de maneira unánime (cunha puntuación de máis de 4 puntos sobre 5), as que acadaron unha maior valoración de necesidade foron os idiomas (4,6), a atención ao cliente e a innovación turística (4,4 en ambos os dous casos), seguidos pola calidade turística e a sustentabilidade (cun 4,3 cada unha). Por detrás, o produto turístico (4,3), uso das TIC (4,2), marketing, accesibilidade e comercialización turísticos (4,2 todas elas) e, por último, a xestión dos negocios turísticos (4,1).


En canto aos grandes retos identificados, os concellos e o sector privado concluíron resumilos en cinco grandes: en primeiro lugar, a colaboración e coordinación entre as diferentes administracións e o sector privado implicados no turismo do territorio. En segundo lugar, a desestacionalización mediante o impulso de novas iniciativas enfocadas á creación de produto. A ela séguenlle a diversificación da oferta turística e a profesionalización do sector privado para a mellora da competitividade do destino e, en último lugar, a promoción e difusión da provincia cun fincapé na promoción do interior da provincia de Pontevedra.

Deste xeito, as reflexións finais dos resultados da fase de concertación sinalan que o sector turístico da provincia de Pontevedra quere un destino Rías Baixas de calidade e non masificado, cun modelo turístico sostible e unha oferta turística diversificada, que sexa auténtico e diferenciado, desestacionalizado, coordinado e con proxección internacional.

Trala presentación das conclusións en Pontevedra e en Vigo, a Deputación de Pontevedra volverá colaborar cos concellos e o sector privado da provincia para volver analizar estas conclusións antes do inicio da redacción do documento final, un Plan Estratéxico de Turismo para a provincia de Pontevedra que se elabora por primeira vez para o destino Rías Baixas, sendo ademais a primeira vez que na provincia de Pontevedra se reúne aos concellos e ao sector privado para falar da situación actual e do futuro da provincia de maneira conxunta.

O plan de concertación concretouse en 10 mesas de traballo divididas en 8 temáticas (litoral e cultural, das que se celebraron dúas, cruceiros, MICE e turismo urbano, enogastronomía, natureza e termalismo, o Camiño de Santiago, turismo deportivo, activo e de aventura e turismo rural e de raíces), que contaron cunha participación media de 15 persoas. Ademais, 70 entrevistas cos 11 concellos turísticos da provincia de Pontevedra, 7 entidades xestoras, 11 asociacións e 41 empresas clave do sector e, por último, enquisas online para 61 concellos (dos que responderon 54) e 140 empresas, das cales a maior parte procedían de Sanxenxo (un 16%), Pontevedra (un 13%) e Vigo (o 9%).

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, sinalou onte na presentación das conclusións no Salón de Plenos do Pazo provincial que o Plan Estratéxico estará listo no mes de decembro e que, unha vez rematado, o Goberno provincial quere presentar o documento ante as distintas administracións (Xunta de Galicia e Goberno estatal) para poder contar coas distintas ferramentas de promoción das que dispoñen, así como expresou o desexo de que os concellos da provincia de Pontevedra sexan, nas súas palabras, "axentes protagonistas do desenvolvemento do Plan".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones