Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Implicación veciñal e arte para continuar revolucionando mentes no 8M no Rosal

O Concello celebrará este venres unha concentración coa lectura do manifesto do Día Internacional da Muller a cargo do alumnado de 4º da ESO do CPI Manuel Suárez Marquier

O Concello celebrará este venres unha concentración coa lectura do manifesto do Día Internacional da Muller a cargo do alumnado de 4º da ESO do CPI Manuel Suárez Marquier

Etiquetas del contenido

Fecha: 08 de Marzo de 2024

Fuente: Concello do Rosal

O Rosal mantén o seu firme camiño para seguir ‘Revolucionando Mentes’ e reivindicando a igualdade. Ao abeiro do 8M. Día Internacional da Muller, o Concello programa varias actividades que buscan a implicación da veciñanza para acadar unha igualdade real, comezando polas que serán as xeracións do futuro.

Deste xeito, este venres o Concello convoca unha concentración ás 12.00 horas na Praza do Calvario na que o alumnado de 4º da ESO do CPI Manuel Suárez Marquier será o encargado de ler o manifesto do 8M acompañado por representantes do Goberno municipal e por todos aqueles rosaleiros e rosaleiras que se queiran achegar ata alí.

“Non só nesta data, senón durante todo o ano debemos reivindicar o labor das mulleres na sociedade, seguir dando pasos cara a adiante para reivindicar unha igualdade de oportunidades que nos permita rachar con todos os teitos de cristal que aínda temos por riba das nosas cabezas”, salienta a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

Por outra banda, durante todo o mes de marzo rosaleiros e rosaleiras poderán achegarse ao salón de exposicións para desfrutar de ‘Non sexas cómplice’, unha mostra itinerante do Instituto das Mulleres do Ministerio de Igualdade que busca concienciar sobre a trata de mulleres e nenas con fins de explotación sexual e evitar a súa tolerancia social. A través de diferentes soportes visuais, a exposición denuncia e amosa de xeito sinxelo as fases da trata (captación, transporte e explotación) e pon de manifesto os factores de vulnerabilidade da vítima e as causas e consecuencias desta grave violación dos dereitos das mulleres que implica enormes secuelas físicas, psicolóxicas e tamén sociais.

A alcaldesa convida a toda a veciñanza a participar na concentración e na lectura do manifesto do Día Internacional da Muller previstas para este propio 8M e a achegarse ao salón de exposicións para coñecer esta mostra ao longo do mes de marzo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí