Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Inauguradas as obras do proxecto -Máis Goián- de recuperación do espazo público

O acto aproveitouse para presentar a escultura de Magín Picallo dedicada ao pintor Antonio Fernández

O acto aproveitouse para presentar a escultura de Magín Picallo dedicada ao pintor Antonio Fernández

Etiquetas del contenido

Fecha: 16 de Agosto de 2021

Fuente: Concello de Tomiño

A praza principal da parroquia tomiñesa de Goián acolleu  onte á noite a inauguración das obras de reconfiguración e recuperación do espazo público do proxecto "Máis Goián" finalizadas recentemente.

 

A presentación das obras do novo e transformado núcleo urbano da parroquia, serviu tamén como acto de inauguración dunha escultura dedicada ao famoso pintor goianés Antonio Fernández (que dá nome á praza), realizada polo escultor Magín Picallo, residente en Goián dende hai 60 anos. Trátase dunha estatua de dous metros de altura esculpida en bronce e a primeira obra do autor na súa vila adoptiva.

 

O acto, ao que asistiron unhas 500 persoas, estivo amenizado pola Agrupación Musical de Goián e contou coas intervencións do deputado provincial e 1º tenente alcalde de Tomiño, Uxío Benítez (veciño de Goián); do autor da peza escultórica, Magín Picallo; da alcaldesa de Tomiño, Sandra González e da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva. Previamente á inauguración, as autoridades realizaron un percorrido polas obras, acompañados polos técnicos que desenvolveron o proxecto.

 

O proxecto Máis Goián, materializado en distintas fases durante os últimos anos (dende o 2017), ten como obxectivo revitalizar a vida social, comercial e cultural a través da creación dun centro urbano atractivo que conecte os equipamentos públicos existentes a través da mobilidade peonil. “En Goián temos o privilexio de poder cunha gran cantidade de equipamentos públicos como o auditorio, a escola infantil, o consultorio médico, o CEIP Antonio Fernández, o pavillón e moitos outros, todos moi próximos, a menos de dous minutos andando, pero que ata o de agora estaban de costas entre eles", explicou Benítez.

 

A intervención, na que se investiron preto de dous millóns de euros, contou co apoio económico da Deputación de Pontevedra, o Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía (IDAE) a través do fondo FEDER de crecemento sostible, etc.

 

Aínda falta por rematar a creación dun skatepark e dunha pista polideportiva, pero o proxecto xa ten como resultado un grande aumento do espazo público preferente para as persoas, que pasa de 7.150  a 43.800m2, o que o converte no maior proxecto de recuperación de espazo público da comarca e un dos maiores do país.

 

Ademais da peonalización da praza Antonio Fernández, das súas inmediacións e da Avenida Ordóñez, no proxecto ten tamén moita importancia a creación de zonas verdes, dedicando 2.200m2 destes espazos para zonas axardinadas e arbóreas, con 115 novas árbores introducidas, ademais da recuperación dunha carballeira de 7.000 m2 para o desfrute da veciñanza.

 

Tamén destaca a ampliación do recinto do colexio Pintor Antonio Fernández, con máis de 1.500 m2 de zonas verdes; a rehabilitación da contorna das escolas vellas, a mellora da eficiencia enerxética do Mercado de Goián. e a creación de tres aparcadoiros municipais con máis de 200 prazas de estacionamento.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí