Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Jose Manuel Cores Tourís -non podemos falar aínda de prazos para o remate da VAC Tui-A Guarda-

O Delegado Territorial da Xunta en Pontevedra así o fixo constar esta mañá na súa visita institucional ó Concello do Rosal

Cores Tourís afirmou que "non podemos falar de prazos", é un proxecto moi grande, cunha forte inversión e que se ten que levar a cabo en diferentes fases.

Fecha: 31 de Mayo de 2017

Fuente: J. Alonso/Infomiño.com

Esta mañá o Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra visitou o Concello do Rosal para falar xunto co seu Alcalde, Jesús Mª Fdez. Portela, das inversións que se levarán a cabo na Comarca do Baixo Miño e que suporán preto dun millón de euros, para a mellora de diferentes vías de comunicación da rede viaria autonómica

No transcurso desta visita aproveitamos a ocasión para preguntarlle sobre o estado no que se atopa nestes intres o proxecto de obra para a finalización da VAC Tui-A Guarda, que ate o de agora, tan só ten executado o tramo comprendido entre a rotonda de enlace da PO-552 na Guarda e a rotonda de enlace da PO-552 en Goián-Tomiño.

Á nosa pregunta sobre o estado deste importante proxecto da rede viaria comarcal e o suposto desvío de fondos para as obras do Corredor do Morrazo, o José Manuel Cores Tourís asegurou que os fondos, que estaban destiñados para a execución das obras comprendidas no enlace co Poligono Empresarial de Areas(Tui) e coa PO-552 en Areas, aprobados en sesión plenaria no Parlamento de Galicia, non foron desviados para as obras do Corredor do Morrazo, senón que debido os cambios que se tiveron que facer neste proxecto, o presuposto para este fin se tiña que gastar, e non se podían invertir nas obras de Areas(Tui), paralizadas dende fai anos. Deste xeito ese presuposto foi investido nas obras que arestora se están a realizar no Corredor do Morrazo, cuxo proxecto xa estaba moi adiantado.

Á nosa pregunta sobre se existía xa un prazo ou se se podía falar dun prazo aproximado para ver concluído o Vial de Alta Capacidade entre A Guarda e Tui, Cores Tourís afirmou que "non podemos falar de prazos", é un proxecto moi grande, cunha forte inversión e que se ten que levar a cabo en diferentes fases. Asegurou que a primeira será o enlace de Areas en Tui, unha vez se arranxe o proxecto final destas obras, para dende ese intre, continuar nunha segunda fase o treito comprendido entre Tui e a rotonda de enlace coa PO-552 en Goián-Tomiño.

Polo tanto, unha vez máis, os veciños da Comarca do Baixo Miño teremos que agardar para ver concluída esta obra, eixo principal de comunicación vial para a nosa comarca, e que de momento está a absorver o vial existente, a PO-552, coa perigosidade existente ó atravesar varios núcleos de poboación e ademáis as limitacións existentes en materia de velocidade polas características técnicas deste trazado.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones