Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

José María Gude será este domingo o homenaxeado no Acto Cívico do Alivio 2019

O Concello de Tomiño destaca a súa aportación a recuperación e valorización do patrimonio etnográfico do municipio

O Concello de Tomiño destaca a súa aportación a recuperación e valorización do patrimonio etnográfico do municipio

Fecha: 14 de Septiembre de 2019

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño homenaxeará ao José María Gude Méndez o vindeiro domingo 15 de setembro dentro da programación das Festas do Alivio.

José María Gude, máis coñecido como Pepe Gude, naceu na aldea de Serois, Calvos de Randín, en 1951. Estudou maxisterio en Ourense aprobando as oposicións para mestre en 1975. No ano 1977 chega a Tomiño e comeza a súa andaina docente no Colexio Mosteiro, hoxe CEP Pedro Caselles, onde impartiu aulas até que se traslada ao IES Tomiño, hoxe IES Antón Alonso Ríos, onde se xubilará.

Pepe Gude pertence a unha xeración de mestres involucrados no ensino práctico, na valorización do saber popular e no coñecemento das tradicións do rural. Un aspecto ao que dedicou esforzos recollendo a memoria popular e que materializou en obras como Mitos e lendas de Tomiño ou Val de Tebra, unha historia por escribir.

Desta preocupación polo patrimonio inmaterial, naceu o grupo "Airiños de Tebra". Unha formación de música e baile tradicional que formou a varias xeracións de mozos e mozas. Os "Airiños de Tebra" levou o nome de Tomiño máis alá das fronteiras peninsulares, visitando en dúas ocasións Arxentina onde recibiron a "Medalla de Honra á Galeguidade". No ano 2005 inclúen na súa xeira Uruguai onde foron acollidos polos tomiñeses na emigración.

Todo un acontecemento no seu momento que liderou Pepe Gude. Un home caracterizado polo seu activismo no asociacionismo cultural local e polo seu voluntarismo. Unha traxectoria longa enraizada na vida local tomiñesa.

Actualmente, Pepe Gude forma parte da Asociación de Coches Clásicos do Baixo Miño a fronte da cal leva tempo percorrendo camiños e visitando lugares dentro de España e do veciño Portugal levando sempre o nome de Tomiño

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones