Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

La artesana premiada Julia de la Cal regresa a O Rosal para impartir un taller de cestería el 29 de noviembre

O Rosal cerrará los Obradoiros de Outono con un taller de cestería de Julia de la Cal tras la gran demanda registrada en la edición de primavera.

O Rosal cerrará los Obradoiros de Outono con un taller de cestería de Julia de la Cal tras la gran demanda registrada en la edición de primavera.

Etiquetas del contenido

Fecha: 19 de Noviembre de 2025

Fuente: Jorge Alonso Daldea (Director Infomiño.com)

O Rosal pechará o seu ciclo de Obradoiros de Outono cunha proposta pensada para amantes da artesanía e para todas as idades: unha nova edición do taller de cestería diagonal con formio, impartido pola recoñecida artesá Julia de la Cal, que terá lugar o sábado 29 de novembro, de 10.00 a 13.00 horas, no Muíño das Aceñas. A iniciativa chega como resposta á elevada demanda rexistrada no obradoiro celebrado en primavera, no que numerosas persoas quedaron en lista de espera.

Durante tres horas, as persoas participantes aprenderán a técnica do plaiting, un método tradicional de tecido diagonal co que elaborarán cestos de base cadrada, tanto en deseño aberto como pechado. A sesión incluirá tamén variacións e técnicas de trenzado para crear pezas únicas, fomentando a creatividade e o coñecemento práctico dun oficio ancestral.

O taller será dirixido por Julia de la Cal, creadora de La Parabólica e gañadora do Premio Artesanía de Galicia 2024 pola súa obra #Periferioa01, recoñecida por reinventar a cestería tradicional mediante formas contemporáneas e materiais naturais cultivados pola propia artesá. A súa presenza en O Rosal reforza o valor artesán e cultural da proposta.

A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, subliñou que este ciclo de Obradoiros de Outono naceu co obxectivo de “fomentar a cultura, a artesanía e a participación veciñal, recuperando tradicións e promovendo a aprendizaxe práctica nun espazo aberto a todas as idades”. Pola súa banda, o concelleiro de Xuventude, Alejandro González, destacou que “este obradoiro é unha oportunidade única para achegarnos á cestería desde a práctica e a creatividade. Buscamos poñer en valor técnicas tradicionais e ofrecer un espazo interxeracional onde a mocidade teña un lugar destacado”.

O taller está aberto a público de todas as idades, aínda que as persoas menores de 30 anos terán prioridade na inscrición. O prezo da actividade é de 18 euros, e tamén terán prioridade as persoas que se inscribiran na edición de primavera sen conseguir praza. As inscricións deben realizarse a través dun formulario web habilitado polo Concello.

Con esta proposta, O Rosal despide os Obradoiros de Outono apostando pola artesanía, a formación práctica e o encontro interxeracional, reforzando o compromiso municipal coa cultura e co talento creativo local.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Free Tour por Tui