Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Licitación das obras de mellora da estrada Pancenteo-Marzán no concello do Rosal

Con estas accións aumentarase a comodidade da circulación ao ampliar o raio das curvas e se incrementará a seguridade e facilitarán os xiros en condicións máis seguras, reordenando as interseccións existentes no tramo.

Con estas actuacións, que teñen un prazo de execución de 6 meses, acadarase unha mellora da estrada o entre os puntos quilométricos 3+150 ao 5+360

Fecha: 24 de Mayo de 2017

Fuente: Xunta de Galicia

A conselleira de infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde do Rosal, Jesús María Fernández, onde lle informou sobe as obras de mellora da estrada que une as localidades de Pancenteo e Marzán (PO-353), ao seu paso por este municipio pontevedrés, concretamente, entre os puntos quilométricos 3+150 ao 5+360.

A Xunta publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) a licitación, por case 900.000 euros, para obter máis información pódese consultar o seguinte enlace.

A conselleira de infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, mantivo hoxe unha reunión co alcalde do Rosal, Jesús María FernándezEthel Vázquez explicoulle que o proxecto ten por obxecto a mellora da seguridade vial en algo máis de 2,2 quilómetros e a accesibilidade, tanto dos vehículos como dos peóns, actualizando e completando a drenaxe e a sinalización existente en dito vial.

As obras, que darán continuidade ás executadas na Guarda e que teñen un prazo de execución de 6 meses, contemplan unha actuación na sección da estrada, a renovación e ampliación das beirarrúas, a incorporación dunha senda peonil, a substitución da drenaxe lonxitudinal, e a ampliación das drenaxes transversais.

Ademais, do reforzo de firme e renovación da sinalización, balizamento e defensas ao longo do treito obxecto do proxecto. O prazo de admisión das proposicións rematará o vindeiro día 19 do mes de xuño.

Con estas accións aumentarase a comodidade da circulación ao ampliar o raio das curvas e se incrementará a seguridade e facilitarán os xiros en condicións máis seguras, reordenando as interseccións existentes no tramo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones