Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Liliya Pobornikova experimenta coa cerámica para mergullar ao Mercado de Tomiño lugares inesperados

A exposición, composta por 19 esculturas e 4 relevos, poderá visitarse ata o vindeiro 1 de abril na primeira planta do mercado

A exposición, composta por 19 esculturas e 4 relevos, poderá visitarse ata o vindeiro 1 de abril na primeira planta do mercado

Fecha: 24 de Marzo de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

Un experimento, "un primeiro paso e bosquexos para as vindeiras esculturas grandes". Así é a exposición ‘Lugares inesperados', coa que a artista Liliya Pobornikova explora as formas que xorden da imprevisibilidade orgánica e que encherán a primeira planta do Mercado de Tomiño ata o vindeiro 1 de abril. "É un sitio moi agradable para estar, facer a compra ou tomar un café e eu paso tempo alí case todos os días. Algunhas das esculturas expostas empezaron xusto alí como idea ou debuxo e para min é unha forma natural de pechar o círculo de idea, realización e final, compartindo con amigos e veciños o resultado do meu traballo", salienta a escultora.

A artista búlgara recolle aquí 19 esculturas e 4 relevos que supoñen para ela un experimento xa que normalmente as súas esculturas están feitas de materiais duros, tallando pedra ou madeira, e nesta ocasión fai unha incursión na cerámica, "un material moi distinto, porque as formas fanse modelando". "É un xeito máis rápido de ver as ideas en tres dimensións. A maioría do tempo me dedico á escultura monumental, pero para facer unha obra grande antes soe pasarse por varias versións pequenas, buscando as proporcións, as formas e as texturas. E as esculturas de ‘Lugares inesperados' son para mi un primeiro paso, bosquexos para as próximas esculturas grandes", explica Pobornikova.

Afincada hai moitos anos en Tomiño, para as súas obras a artista inspírase "na natureza, na beleza das formas orgánicas, os contrastes de formas suaves e as redes xeométricas abrazándoas, os reflexos do mundo mariño, os recordos de viaxes en sitios afastados...". Estas obras seguen a busca de traballos anteriores da escultora, xa que algunhas xa existen en versións de pedra o madeira, "pero o material diferente achega novas posibilidades e ideas".

Aínda que Pobornikova non é capaz de quedarse cunha soa peza da exposición porque "son os meus fillos e están feitas con igual amor e coidado", si que lle chama a atención que todas aquelas persoas que visitan a exposición acaben tendo a súa obra preferida.

Liliya Pobornikova naceu en Bulgaria en 1979 e na actualidade vive e traballa en Tomiño. Finalizou os seus estudos na National Academy os Art, en Sofía, especializándose en esculturas de madeira. Forma parte da Unión de Artistas de Bulgaria e participou en máis dun cento de simposios de escultura en Austria, Arxentina, Brasil, China, Dinamarca, Xapón... Conta ademais con varios premios polos seus traballos en simposios e competicións.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí