Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

López Abella destaca o traballo das redeiras galegas como patrimonio cultural da Galicia mariñeira

A asociación Atalaia do Baixo Miño pertence á Federación Galega de Redeiras Artesás -O Peirao-

A asociación Atalaia do Baixo Miño pertence á Federación Galega de Redeiras Artesás -O Peirao-

Fecha: 19 de Diciembre de 2016

Fuente: Xunta de Galicia

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, destacou hoxe o gran traballo que levan a cabo as redeiras galegas coma parte do patrimonio cultural da Galicia mariñeira.

López Abella, acompañada da directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, asistiu hoxe á Asemblea Anual da Federación Galega de Redeiras Artesás "O Peirao", onde resaltou que estas mulleres son pioneiras en Galicia da incorporación da muller ao mundo laboral.

A secretaria xeral felicitou a Federación pola Medalla de Ouro ao Mérito no Traballo, concedida no mes de abril polo Goberno, polo esforzo que realiza o colectivo para lograr o recoñecemento da igualdade de dereitos nun labor, a de quen fabrica e pon a punto as redes de pesca, xunto á achega que fan ao patrimonio cultural de Galicia.

 

A asociación Atalaia do Baixo Miño pertence á Federación Galega de Redeiras Artesás -O Peirao-

O traballo das redeiras en Galicia está marcado por ser unha profesión de gran tradición na que prima a artesanía e o xénero feminino, traballando pola defensa dos intereses das redeiras profesionais de Galicia, na procura de divulgar o traballo artesanal que realizan, combater o intrusismo, fomentar a prevención de riscos laborais, formar e informar ás asociadas, ademais de realizar actividades de diversificación económica.

A Federación Galega de Redeiras Artesás "O Peirao" é a entidade de referencia en Galicia na representación dos intereses deste colectivo en Galicia, agrupadas na Federación a través de sete asociacións profesionais de redeiras: a Asociación de Redeiras de Cariño, de Cedeira, "O Fieital" de Malpica, "Illa da Estrela" de Corme, "Maruxía" de Cambados, "O Cerco" de Cangas e "Atalaia" do Baixo Miño.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones