Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Luís Bará, asegurou o pasado domingo en Tomiño que o rural galego é un sector estratéxico na recuperación económica de Galiza

Temos o exemplo da planta ornamental do Baixo Miño, unha aposta pola diversificación do noso campo, que exporta a toda Europa, e precisa máis terras para poder ampliar a súa produción e competitividade

Temos o exemplo da planta ornamental do Baixo Miño, unha aposta pola diversificación do noso campo, que exporta a toda Europa, e precisa máis terras para poder ampliar a súa produción e competitividade

Fecha: 20 de Septiembre de 2016

Fuente: BNG - Baixo Miño

O candidato do BNG pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, asegurou o pasado domingo en Tomiño que o rural galego é un sector estratéxico na recuperación económica de Galiza e apostou por levar adiante políticas de desenvolvemento para aproveitar as súas potencialidades da man da innovación e da aposta pola diversificación na produción. Así mesmo, Bará reivindicou o traballo da Consellería de Medio Rural liderada por Suárez Canal, que durante o bipartito desenvolveu iniciativas como o banco de terras que a día de hoxe moitos produtores botan en falta.

O cabeza de lista destacou que durante os gobernos do Partido Popular produciuse un gran retroceso na situación do medio rural e do sector primario, ao tempo dun empeoramento das condicións económicas e de vida. "As consecuencias desas políticas traducíronse nunha peor situación dos veciños e veciñas que viven dese medio rural", dixo, para engadir que hai que apoiar iniciativas que desenvolvan as capacidades produtivas do país fronte ás políticas centralizadoras. "O rural é un sector estratéxico para recuperar a economía galega: haino que poñer a producir porque é unha das nosas potencialidades", asegurou.

"Temos o exemplo da planta ornamental do Baixo Miño, unha aposta pola diversificación do noso campo, que exporta a toda Europa, e precisa máis terras para poder ampliar a súa produción e competitividade. Botan en falta unha política como a de Suárez Canal para poder plantar máis, para poder ampliar a súa capacidade, e nós temos un exemplo de que as políticas que facemos cando estamos nos gobernos solventaban necesidades para poñer o país a producir", asegurou.

Bará tamén salientou en Tomiño que o BNG é a garantía de que haberá un goberno alternativo ao de Feijóo despois do 25-S. "Os votos ao BNG garanten que o PP non terá maioría absoluta. Nós temos unha maneira de gobernar diferente que non só pemitirá un cambio nas caras do goberno, tamén nas súas políticas. Nós somos un produto 100% galego e a nosa razón de ser é a defensa dos intereses de Galiza. O noso traballo e o noso compromiso son para co país. Somos un produto galego de calidade", salientou.

O cabeza de lista por Pontevedra aproveitou tamén para louvar á candidata do BNG á Xunta de Galiza, Ana Pontón, de quen dixo "ten valía, brillantez, capacidade e talento, ademais de facer as cousas por amor ao seu pobo", por iso, subliñou, "estase a producir o ‘efecto Pontón', ao que eu engadiría tamén o ‘efecto Pontón' de ver a situación de Galiza con máis humanidade que o Goberno sen alma do PP", destacou.

"Hai xente que lle quere a este país e a eses eu pediríalles o voto para o BNG, porque cada vez estase a ver máis simpatía a Ana Pontón, máis simpatía ao BNG, porque estamos nun momento de auténtica remontada", dixo.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones