Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Luís Fernández gañador da Copa Pirineus en canoa e Manuel Ochoa bronce en caiac

Esta é a competición non oficial, de carácter internacional, máis importante que se celebra no noso país.

Esta é a competición non oficial, de carácter internacional, máis importante que se celebra no noso país.

Etiquetas del contenido

Fecha: 23 de Marzo de 2021

Fuente: Rosa Fernández Carrera

Esta fin de semana celebrouse na localidade ilerdense da Seu D´Urgell a Copa Pirineus de Slálom. Esta é a competición non oficial, de carácter internacional, máis importante que se celebra no noso país.

Este ano, a federación española de piragüismo, decidiu que serviría como selectivos para determinar os distintos equipos nacionais de slálom: sénior, sub-23 e júnior. Durante esta fin de semana os deportistas seleccionados farían tres baixadas, puntuando as dúas mellores, e na seguinte fin de semana, en Pau Francia, o mesmo proceso. Por problemas causados pola situación COVID a federación anulou os selectivos de Pau, polo que esta fin de semana se conformaron os distintos equipos nacionais de slálom.

Cinco padexeiros do Club Deportivo Miño-Teixugos gañaron un posto nestes selectivos polos seus resultados nas dúas Copas de España xa celebradas: Luís Fernández, Manuel Ochoa, Sergio Rodríguez, Alba Soutelo e Ainhoa Barreiro. Os cinco deron o mellor de si mesmos para acadar unha praza nos equipos nacionais nesta competición marcada polas baixas temperaturas e o vento.

Luís Fernández, que optaba a praza no equipo sénior de canoa, gañou dúas das tres baixadas, o que lle garante unha das tres prazas no equipo nacional. E como remate a unha impresionante participación, gañou a competición cun tempo de 92.70 segundos, subindo ao podio xunto ao catalá Miquel Travé e o irlandés Jake Cochrane.

Manuel Ochoa aspiraba a praza nos equipos sub-23 e sénior de cáiac. O sábado rematou sétimo na primeira baixada, na segunda, o vento xogou na súa contra e levouno a facer unha mala baixada, mellor sorte tivo na terceira baixada,  no domingo, rematando segundo. A falta de confirmación oficial, non acada praza no equipo sénior, pero conta con moitas posibilidades de estar no equipo nacional sub-23. Na final, cun tempo de 87.01 segundos, acadou a terceira posición, por detrás do ruso Pavel Eigel e do marroquí Mathis Soudí.

Ainhoa Barreiro e Sergio Fernández loitaron por unha praza nos equipos júnior de caiac e Alba Soutelo en caiac e canoa. Os tres tiveron unha actuación correcta e sen excesivas penalizacións, tendo en conta as duras condicións da canle e a climatoloxía, pero, a espera da confirmación oficial da federación, non parece que deran acadado praza no equipo español.  

Unha vez máis os Teixugos tocando o ceo do slálom, demostrando o seu bo momento e gran nivel. O slálom galego cada vez ten máis que dicir no panorama nacional, xunto cos Teixugos, o Penedo de Tui e o Tea de Mondariz, deron mostras disto, con varios deportistas serios candidatos a formar parte dos diferentes equipos nacionais. 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí