Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Luis López salienta que o +Provincia mobiliza esta semana case 2 millóns de euros para impulsar investimentos, afrontar gasto corrente e contratar a 11 persoas en 13 concellos

Os novos recursos beneficiarán a Cambados, Cangas, Cuntis, A Guarda, A Lama, Marín, Moaña, Mondariz, As Neves, Oia, Pazos de Borbén, Portas e Vilanova de Arousa

Os novos recursos beneficiarán a Cambados, Cangas, Cuntis, A Guarda, A Lama, Marín, Moaña, Mondariz, As Neves, Oia, Pazos de Borbén, Portas e Vilanova de Arousa

Etiquetas del contenido

Fecha: 27 de Abril de 2024

Fuente: Xunta de Galicia

A Deputación acaba de aprobar en Xunta de Goberno destinar preto de 2 millóns de euros para que trece concellos da provincia impulsen novos investimentos, afronten gasto corrente e contraten a 11 persoas ao abeiro das tres primeiras liñas do Plan +Provincia. En concreto, benefícianse destes recursos Cambados, Cangas, Cuntis, A Guarda, A Lama, Marín, Moaña, Mondariz, As Neves, Oia, Pazos de Borbén, Portas e Vilanova de Arousa. O presidente provincial, Luis López, asegurou que o goberno provincial segue “tendendo pontes cos concellos e avanzando no reparto de fondos do Plan +Provincia: este ano xa aprobamos 20 M € dun total de 48,2 M€ dos que está dotado este programa para os concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes”.

 

No marco da liña 1, de investimentos, a Xunta de Goberno aprobou preto de 1,43 millóns de euros para nove concellos: Cambados, Marín, Moaña, Mondariz, As Neves, Oia, Pazos de Borbén, Portas e Vilanova de Arousa.  Desta maneira, Cambados contará con 138.832€ para a mellora da pavimentación de rúas e camiños; Marín recibirá 215.400€ para renovar pavimentos na urbanización Virxe do Carme; Moaña beneficiarase de 245.039€ para renovar o colector de saneamento e pavimento na rúa Baixada A Torneira; Mondariz contará con 197.272€ para mellorar vías municipais en Frades, Riofrío, Meirol e Lougares; As Neves recibirá 111.275€ para mellorar o asfaltado nas vías municipais de Ravelo, Fragua e Ribarteme; Oia beneficiarase de 209.504€ para adquirir un vehículo para a recollida de residuos; Pazos de Borbén contará con 80.000 € para a adquisición de vehículo mini pala; e Portas recibirá 82.000 € para o subministro dunha minicargadora e varredora industrial.

 

No caso de Vilanova de Arousa, as obras serán financiadas ao 100% pola Deputación grazas a outros mecanismos provinciais. Desta maneira, o investimento na vila arousá será de máis de 226.000 euros para a renovación do céspede artificial no campo de fútbol de Pontearnelas e, destes recursos, 156.149 € proceden da liña 1 do Plan +Provincia e 70.000 € do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas.

 

No caso da liña 2, de gasto corrente, o presidente provincial informou que a Xunta de Goberno da Deputación acaba de aprobar 340.000 euros para os concellos de Cangas, A Guarda e A Lama. En concreto, Cangas recibe 147.000 euros para o servizo de limpeza e desbroces; A Guarda 74.176 € para a Festa da langosta e da cociña mariñeira (22.466€), a programación escénica no Centro Cultural (9.396 €), o festival Mar de Blues (17.993 €), o ciclo de concertos Tocamúsica (12.295 €), o Color Rain Festival (6.997 €) e unha intervención artística mural coa xuventude (4.998 €); e A Lama contará con 121.630 € para diferentes gastos derivados da prestación de servizos municipais.

 

 

Por último, ao abeiro da liña 3, de activación de emprego, a institución provincial aproba esta semana 120.023 euros para que Cuntis contrate a once traballadores. En concreto, serán tres albaneis, dous operarios de protección civil, dous peóns de obras, un peón de recollida de lixo, un auxiliar administrativo, un técnico en turismo e un técnico en medio ambiente.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí